Fundación Wikimedia

organización sen fins lucrativos From Wikipedia, the free encyclopedia

Fundación Wikimediamap
Remove ads

A Wikimedia Foundation, Inc. (en galego: Fundación Wikimedia) é a organización matriz da Galipedia (Wikipedia), Galizionario (Wiktionary), Galicitas (Wikiquote), Galilibros (Wikibooks), Galifontes (Wikisource), In Memoriam 9/11, Wikimedia Commons, Wikidata, Wikispecies, Wikinews, Wikiversity, Wikivoyage e a abandonada Nupedia. É unha fundación sen fins lucrativos que obedece ás leis do estado da Florida nos Estados Unidos. A súa existencia foi anunciada polo antigo director xeral de Bomis e cofundador da Wikipedia, Jimbo Wales, o 20 de xuño do 2003. A coordinación de todos os proxectos Wikimedia, incluído MediaWiki, está en Meta-Wiki e nas distintas listas de discusións.

Datos rápidos Nome curto, Tipo ...
Remove ads

Etimoloxía

O nome da Wikimedia é unha mestura entre wiki e multimedia, este nome foi acuñado por Sheldon Rampton nunha lista de correo en marzo do 2003. Os nomes de dominio https://www.wikimedia.org/ e http://wikimediafoundation.org foron adquiridos para a fundación por Daniel Mayer. Os nomes e marcas dos servidores da Wikimedia son de propiedade dos propios proxectos da Wikimedia e MediaWiki. Os colaboradores posúen os contidos baixo a licenza GNU FDL previndo que calquera persoa controle os contidos.

Remove ads

Servidores

Nun principio, a organización contaba con 15 servidores. Co paso do tempo, fixeron falta máis servidores debido ao crecente tráfico diario. Isto provocou que nun período de 18 meses se pasase desa cantidade a 200 servidores. Actualmente[cando?] o número está en 400.

Nos primeiros anos, os servidores de Wikimedia utilizaron como software unha mestura de distintas versións das distribucións Red Hat e Fedora. En outubro do 2008[1] comezou a mudar os seus 400 servidores a Ubuntu, coa finalidade de simplificar a administración dos mesmos.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads