Within Temptation

From Wikipedia, the free encyclopedia

Within Temptation
Remove ads

Within Temptation é un grupo musical de procedencia neerlandesa fundado por Robert Westerholt en 1996. Combina elementos da música heavy con outros da música celta, a música clásica e a voz (normalmente en falsete) de Sharon (antes foi cantante soprano), tal e como é habitual na música gótica.

Datos rápidos Obra, Datas ...
Thumb
Westerholt, van Haestregt, van Veen, Spierenburg, den Adel, Jolie.

Dous meses despois da súa fundación firmaron un contrato con DSFA Records. En abril do seguinte ano, publicaron o seu primeiro álbum, Enter, embarcándose en novembro nunha xira por Alemaña e Austria. No ano 1998 publicaron o seu primeiro EP, "The Dance".

Permaneceron inactivos durante todo o ano 1999, en decembro do 2000 publicaron un novo disco, Mother Earth, o cal foi un éxito moi grande dentro do gothic metal, e logrou aumentar nunha gran cantidade o número de fans, lo que levou a unha serie de exitosas xiras con grandes concertos a revosar de público. Por esta época publicaron dous sinxelos: "Our Farewell" e "Ice Queen".

2002 foi o ano da súa engalaxe. O sinxelo "Ice Queen" colocouse número un nas listas de vendas nos Países Baixos e Bélxica. O disco Mother Earth chegou a ser platino en Holanda e disco de ouro en Bélxica. En ambos os dous países recibiron o premio TMF/MTV Awards. O grupo tocou en grandes festivais na Benelux (Ozzfest, Lowlands, Dynamo, Rock Werchter, Pukkelpop, Parkpop), así como en Alemaña (Rock im Park, Bizarre, Summerbreeze). En Francia, Within Temptation fixo unha xira por tódalas cidades importantes (París, Lión, Lille, Bordeos) vendendo tódalas localidades.

Remove ads

Membros

Discografía

Álbums de estudio

Máis información Álbum, Ano ...

EP

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads