Xaime Rei
mestre e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Jaime Óscar Máximo Rey Barreiro, coñecido como Xaime Rei ou Jaime Rey, nado en Pontevedra o 16 de abril de 1938, é un político galego que foi alcalde de Redondela durante practicamente tres décadas.
Remove ads
Traxectoria
Mestre de educación primaria, Xaime Rei foi destinado a Redondela, onde nas primeiras eleccións municipais, os comicios locais de 1979 encabezou a candidatura de Unidade Galega[1] que lle permitiu facerse coa alcaldía.
Nas eleccións municipais de 1983 pasou a encabezar a candidatura do PSdeG-PSOE e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Volveu saír reelixido con maioría absoluta nas eleccións de 1987 e 1991. Nas eleccións de 1995 perdeu a maioría absoluta, conservando a alcaldía co apoio do BNG. En agosto de 1996 o cabeza de lista do Partido Popular, Amado Ricón, presentou unha moción de censura en 1996 que contou co apoio dun concelleiro tránsfuga socialista e outro independente que o retirou da alcaldía.
Tralas eleccións de 1999 regresou á alcaldía logo de impoñerse por maioría simple e establecer un pacto de goberno co BNG. Revalidou a alcaldía tamén nas eleccións de 2003 impoñéndose de novo por maioría simple e formando goberno co BNG e nesta ocasión tamén co único concelleiro de Esquerda Unida. Nas eleccións de 2007 revalidou a alcaldía mediante un novo pacto co BNG. Dado que estivo involucrado nun proceso xudicial do que foi absolto[2], decidiu non presentarse ós comicios de 2011. No seu lugar o PSdeG-PSOE presentou como cabeza de lista a Eduardo Reguera[3] que non conseguiu a alcaldía, co que deu paso a un goberno do Partido Popular.
A súa política caracterizouse pola promoción da lingua galega[4]
Ademais, nas Xerais de 1993 encabezou a candidatura do PSOE pola provincia de Pontevedra ao Senado, pero só permaneceu na Cámara Alta durante unha lexislatura, ata 1996.
Predecesor: Edmundo Fernández Estévez |
![]() Alcalde de Redondela 1979 - 1996 |
Sucesor: Amado Ricón |
Predecesor: Amado Ricón |
![]() Alcalde de Redondela 1999 - 2011 |
Sucesor: Javier Bas Corugeira |
Remove ads
Vida persoal
Está casado e ten dous fillos.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads