Xantina

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

Xantina
Remove ads

As xantinas (/ks/)[1] son substancias que pertencen a un grupo químico de bases purínicas que inclúen substancias endóxenas tales como a guanina, a adenina, a hipoxantina e o ácido úrico.

Datos rápidos Identificadores, Propiedades ...
Remove ads

Etimoloxía

A palabra xantina deriva do grego xanthos, que se traduce como "amarelo", en virtude dos residuos amarelos producidos por estes compostos cando se quentan até o desecado con ácido nítrico.

Tipos de xantinas

Desde o punto de vista médico e farmacolóxico, existen tres xantinas de importancia: a cafeína, a teobromina e a teofilina, que son as tres, xantinas metiladas, polo que tamén se denominan metilxantinas. Son consideradas alcaloides, xa que son substancias fisiolóxicamente activas, continentes de nitróxeno e atópanse en plantas e nalgúns tecidos humanos; non obstante, chegan a diferir das bases alcaloides en que son lixeiramente solubles en auga. A importancia concedida a estes compostos deriva da interpretación do seu nome: teobromina, "comida divina"; teofilina, "folla de deuses" e cafeína, que vén da palabra árabe para designar o viño.

Thumb
Cafeína: R1 = R2 = R3 = CH3
Teobromina: R1 = H, R2 = R3 = CH3
Teofilina: R1 = R2 = CH3, R3 = H


Máis información Nome, R1 ...


Remove ads

Consumo

Existen varias bebidas non alcohólicas provenientes de produtos vexetais que teñen xantinas. Por exemplo:

Efectos farmacolóxicos das xantinas

As xantinas teñen efectos semellantes en varios sistemas orgánicos; diferindo entre si principalmente nas súas potencias relativas.

  • Acción estimulante do sistema nervioso central.
  • Acción relaxante da musculatura lisa.
  • Producen vasoconstrición da circulación cerebral.
  • Estimula a contractibilidade cardíaca.
  • Acción diurética.
  • Estimulación da resposta contráctil do músculo esquelético.
  • Síndrome de abstinencia.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads