Youtubeiras+
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Youtubeiras+ (desde 2024, Youtubeiras+) é un concurso organizado, en 2015, polos Servizos de Normalización Lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Ferrol, Moaña, Narón, Oleiros, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo, das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e da Deputación da Coruña.[1] para promover e visibilizar o uso do galego en Youtube e nas redes sociais en xeral.
A primeira edición foi no ano 2017[2] co nome de Youtubeir@s. Artellouse en 8 categorías: vídeo-facermos, vídeo-opinarmos, canle, creatividade, eficiencia comunicativa, calidade técnica, calidade lingüística e o premio do público.[3]
En 2019 engadiron a categoría vídeo-cantarmos[4] e sumáronse os concellos de Cedeira, A Coruña, Moaña e Rianxo,[5] cunha dotación económica de 6.500 euros.[6] En 2020 pasou a 12 categorías e a unha dotación total de 7.500 euros.[7]
no ano 2024, foi cando mudou a denominación anterior, pasando a ser a actual Youtubeiras+, ao engadir tamén a rede Tik Tok.[1]
Foi recoñecido co Premio Mil Primaveras concedido pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua na categoría de proxecto máis innovador.[8]
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads