Zantedeschia aethiopica

especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia

Zantedeschia aethiopica
Remove ads

Zantedeschia aethiopica, coñecida comunmente como cala de Etiopía, cartucho, cornos ou flor do xerro, é unha planta perenne herbácea de orixe surafricana, da familia das aráceas, a máis robusta e amplamente naturalizada do xénero Zantedeschia.

Máis información CalaZantedeschia aethiopica, Estado de conservación ...
Remove ads

Taxonomía

Descrición

Tanto o xénero como a especie foron descritos en 1826 polo médico e botánico alemán Kurt Polycarp Joachim Sprengel,[2][3], nun trabalo publicado en Systema Vegetabilium, editio decima sexta 3: 756-765.[4]

Sinónimos

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[5]

  • Arodes aethiopicum (L.) Kuntze
  • Aroides aethiopicum (L.) Kuntze
  • Calla aethiopica L. (protónimo)
  • Calla aethiopica var. nana Hovey
  • Calla ambigua Salisb.
  • Calla moschata Moench
  • Colocasia aethiopica (L.) Link
  • Otosma aethiopica (L.) Raf.
  • Pseudohomalomena pastoensis A.D.Hawkes
  • Richardia aethiopica (L.) Spreng.
  • Richardia africana Kunth
  • Zantedeschia aethiopica var. minor Engl.

Etimoloxías

Para a do xénero, ver Zantedeschia.

O epíteto específico, aethiopica, alude á súa distribución na Rexión Etiópica.

Remove ads

Cacterísticas

Thumb
Espatas.

Especie herbácea perenne de entre 60 a 100 cm de altura. Posúe un rizoma oblongo e groso do que xorden raíces de até 15 cm de longo. Produce numerosas follas de cor verde brillante basais, saxitadas e longamente pecioladas. As inflorescencias erectas chámanse espádices, poden medir de 4 a 18 cm de longo e están envolvidas por unha espata (bráctea modificada) branca de forma acampanada. Nas variedades poden ser de diversas cores. É monoica, polo que as diminutas flores de ambos os sexos se atopan na mesma planta; en cada espata as femininas sitúanse baixo as masculinas, que forman as anteras amarelas.[6]

Remove ads

Distribución e hábitat

Thumb
Vista da planta

Esta planta é orixinaria de África do Sur, onde se encontra en Suazilandia, Lesotho e Suráfrica (Cabo Occidental, Cabo Oriental, KwaZulu-Natal, Provincia de Limpopo, Estado Libre e Gauteng).[1]

Naturalizouse e cultívase en moitas outras partes do mundo de clima cálido ou tropical, como o sur de Europa, América, Nova Zelandia e Australia Occidental, onde se clasificou como especie tóxica, tanto para os humanos como o gando e maleza.[7]

Prefire áreas húmidas e sombreadas con abundancia de auga.

Usos e cultivo

Cultívase como planta ornamental ou para flor cortada polas súas vistosas espatas de cor branca.

Segundo algúns estudos científicos pode ser útil na limpeza de augas residuais evitando a proliferación de algas.[8]

En África do Sur, onde se atopa naturalizada, tanto as follas como os rizomas utilízanse tradicionalmente como emplasto para feridas e picaduras e, tamén, as mesmas partes da planta, consómense cociñadas para neutralizar o oxalato cálcico.

Aínda que é de orixe tropical, resiste moderadamente o frío. Cultívase no exterior en sombra ou semisombra, en terreos húmidos e fértiles ou como planta semiacuática. Dependendo da pluviometría pode comportarse como caducifolia ou perenne.

Remove ads

Toxicidade

Toda a planta é tóxica, polo que non debe ser inxerida. Como principio activo contén cristais de oxalato de calcio. O zume é moi irritante. Os signos clínicos son tanto locais como xerais. Entre os locais (por contacto directo) produce irritación da pel, beizos, mucosa bucal. Entre os xerais, gastroenterites e diarrea.[9]

Simboloxía

En Galicia o seu uso está moi asociado á festa dos maios.

A "cala" foi utilizada como símbolo político polos nacionalistas republicanos de Irlanda do Norte nas súas pretensións de conseguir a independencia ou ben a integración da provincia na República de Irlanda.[Cómpre referencia]

Na América Latina é unha flor asociada aos cemiterios, pois emprégase, canda outras flores, para adornar as tumbas no día dos defuntos.[10]

Remove ads

Estado de conservación

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que esta especie non se enfronta a grandes ameazas e que está moi estendida, cualifica o seu status como LC (pouco preocupante).[1]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads