Ziphius
xénero de mamíferos From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Ziphius é un xénero de mamíferos cetáceos odontocetos da superfamilia dos zifioideos o tipo da súa única familia, a dos zifíidos.
Na actualidade o xénero non comprende máis que unha única especie, o zifio de Cuvier (Ziphius cavirostris),[1][2][3] aínda que se coñece tamén unha especie extinta.
Remove ads
Taxonomía
Descrición
O xénero Ziphius foi descrito en 1823 polo naturalista francés Georges Cuvier na súa obra Recherches sur les ossements fossiles. Nouv. éd., 5 (1): 1-352.[3][4]
Etimoloxía
O nome científico Ziphius foi cuñado por Georges Cuvier, que parece que o derivou dunha adaptación do grego antigo ξίφος xíphos "espada", en alusión ao estreito bico destes animais.[5]
Sinónimos
Ademais de polo nome de Ziphius que lle adxudicou Cuvier, e actualmente válido, o xénero foi coñecido tamén polos seguintes sinónimos:[2]
- Aliama Gray, 1864
- Epiodon Burmeister, 1867
- Hyperodon Cope, 1865
- Hyperondon Hall & Kelson, 1959 (erro ortográfico)
- Petrorhynchus Gray, 1865
- Xiphius Agassiz, 1846
- Ziphiorrhynchus Burmeister, 1865
- Zyphius Moreno, 1895 (erro ortográfico)
Clasificación
A única especie actual do xénero é o zifio de Cuvier,[6] de xeito que Ziphius foi considerado tradicionalmente como un xénero monoespecífico. Pero comprende tamén unha especie fósil, Ziphius compressus Owen, 1870,[4] que viviu desde hai 2 588 millóns de anos (Ma) até hai 1 806 Ma, e cuxos restos se encontraron no leste do Reino Unido.[7]
Remove ads
Distribución
Zifio de Cuivier
O zifio de Cuvier encóntrase en todos is océanos do mundo, incuíndo o mar Mediterráneo, e exceptuando as moi frías latitudes dos océanos Glaciais Ártico e Antártico, o mar Báltico e o mar Negro.[8]
En Galicia
A presenza do zifio de Cuvier en augas próximas a Galicia é escasa.[9]
Ziphius compressus
A especie fósil Ziphius compressus foi descuberta no Reino Unido, onde viviu no plistoceno.[7][10]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads