aparato

From Wiktionary, the free dictionary

Remove ads

Substantivo masculino

aparato (sg: aparato; pl: aparatos)

  1. (Tecnoloxía) Obxecto constituído por varias pezas montadas entre si que cumpren, en conxunto ou unha tras outra, unha función determinada.
    • Exemplo: Colecciono aparatos de radio.


  1. (Bioloxía) Conxunto de órganos e tecidos que cumpre unha función determinada.
    • Exemplo: Éche o mellor especialista en aparato dixestivo.


  1. (Política) Conxunto de organismos ou colectivos que concorren para cumprir un mesmo fin.
    • Exemplo: Un cambio de goberno non pode poñer en perigo o aparato do Estado.


  1. Grandeza e luxo vaidosos que se visualiza nun acto.
    • Exemplo: A voda do Presidente do Goberno celebrouse cun grande aparato.


Observacións

  • 1. Aínda que algúns autores empregan, en determinados contextos, os termos aparato e aparello como sinónimos, en galego, como noutros idiomas romances, talvez cumpriría facer a distinción entre aparello, no sentido de dispositivo, mecanismo, etc., e aparato, co significado de pompa, boato, ostentación, etc.
    Cf. portugués aparato/aparelho; catalán aparat/aparell, francés apparat/appareil.
  • 2. Na 1ª e na 2ª acepcións úsase coimo sinónimo aparello. Na 1ª, ademais, úsase tamén como sinónimo máquina. E na 4ª acepción son sinónimos fasto, ostentación e pompa.

Véxase tamén

aparello

Termos relacionados

aparato circulatorio, aparato dixestivo, aparato excretor, aparato reprodutor, aparato respiratorio

Traducións

Remove ads

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads