ben
From Wiktionary, the free dictionary
Remove ads
Substantivo masculino
ben
(sg: ben; pl: bens)
- Cousa ou efecto beneficioso que se obtén de algo.
- Cousa material ou inmaterial da que se pode ser dono.
- Aquilo que é conforme ás regras morais, por oposición ao mal.
- Cualificación académica inmediatamente superior ao suficiente.
- (Dereito) Todo aquilo do que se pode dispoñer legalmente para obter un proveito ou unha utilidade.
- (Figurado) Persoa á que se lle quere moito.
- (Filosofía) Aquilo que constitúe a perfección dun ser, ben como tal, ben como o fin doutro ser que o desexa en tanto que pode satisfacer unha necesidade.
- (Economía) Cada un dos medios obtidos polo proceso económico da produción, a través do traballo, empregados polos homes para satisfaceren as súas necesidades.
Termos relacionados
ben común, ben comunal, ben corporal, ben de interese cultural, ben de uso público, ben incorporal, ben inmaterial, ben inmoble, ben libre, ben litixioso, ben material, ben patrimonial, ben público, ben rexistrábel, bens consumíbeis, bens de ninguén, bens de propios, bens dotais, bens gananciais, bens non consumíbeis, bens privativos, bens sen dono, bens relictos, bens semoventes
Traducións
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads