correa

From Wiktionary, the free dictionary

Remove ads
Grafías semellantes:     Correa

Substantivo feminino

correa (sg: correa; pl: correas)

  1. Tira, banda ou cinta de coiro ou doutro material flexíbel que se usa para atar, unir ou suxeitar cousas ou animais.
    • Exemplo: Atou a carga ao cabalo cunha correa. Sempre leva ao can atado coa correa.


  1. (Arquitectura) Estrutura colocada horizontalmente e apoiada sobre dúas estadas ou trabes, que serve de soporte para os cangos e coa que se pode formar a cuberta ou o faiado dunha casa.
    • Exemplo: Puxemos unha correa nova no hórreo.


  1. (Botánica) Alga parda (Himanthalia elongata) orixinaria do Océano Atlántico, con talo en forma de cinta estreita e alongada de até 3 m de lonxitude, que é comestíbel.
    • Exemplo: Na superficie da auga, entre as penas, as correas acanéanse coas ondas.


  1. (Tecnoloxía) Tira de coiro ou doutro material que se une polos seus extremos e xira arredor de diversas poleas para transmitir un movemento ou transportar materiais.
    • Exemplo: Correa de transmisión.


Observacións

Naacepción son sinónimos cinta e correola.

Termos relacionados

correa de distribución, correa de transmisión.

Véxase tamén

Remove ads

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads