elevar

From Wiktionary, the free dictionary

Remove ads

Verbo transitivo

elevar

  1. Mover cara ao alto ou poñer nun lugar máis alto unha persoa ou unha cousa.
    • Exemplo: Elevaron ao principe ao trono.


  1. Aumentar o nivel, a cantidade ou o grao de algo.
    • Exemplo: As fortes chuvias elevaron o nivel da auga nos enbalses.


  1. Aumentar algo até que alcance certa magnitude.
    • Exemplo: Elevou a poxa a 200 euros.


  1. Colocar a alguén nun posto ou emprego, mellorar a súa condición social ou política.
    • Exemplo: O persoeiro foi elevado á condición de fillo predilecto do Concello.


  1. Dirixir un escrito ou unha petición a unha autoridade.
    • Exemplo: Os empregados desa empresa pública elevaron unha petición os Goberno.


  1. Construír un edificio.
    • Exemplo: Os cofrades elevaron unha capela nova.


  1. (Matemáticas) Multiplicar unha cantidade ou expresión por si mesma un determinado número de veces, indicado polo expoñente.
    • Exemplo: Elevar un número a unha potencia.


Termos relacionados

elevación, elevadamente, elevado, elevador, elevar aos altares, elevarse.

Remove ads

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads