gancho

From Wiktionary, the free dictionary

Remove ads

Substantivo masculino

gancho
(sg: gancho; pl: ganchos)

  1. Instrumento curvo e afiado nos extremos que se emprega para pendurar ou agarrar cousas.
    • Exemplo: Na cociña teño varios ganchos para colgar as tixolas.


.

  1. Útil empregado polos pescadores ou os seus axudantes para pendurar peixes.
    • Exemplo: Xa están os congros pendurados dos ganchos para curar.


.

  1. Agulla de costura, curvada na punta, que serve para facer labores finos.
    • Exemplo: Miña avoa é unha artista do gancho.


  1. (Mariña) Aparello curvo na punta que serve para aproximar os barcos aos lugares aos que se van amarrar.
  2. (Deportes) Golpe que se , nalgunhas disciplinas, co brazo dobrado en ángulo recto.
    • Exemplo: Con aquel gancho deixouono fóra de combate.


.

  1. (Deportes) En baloncesto, lanzamento que se adoita botar a cesta arqueando o brazo por enriba da cabeza.
    • Exemplo: Este aleiro sempre bota os tiros libres en gacho.


.

  1. (Figurado) Dise da actuación dunha persoa que atrae con xestos a outras con algún mal fin, normalmente para enganalas.
    • Exemplo: A vampiresa pasou a noite facendo ganchos a todos os homes.


.

  1. (Figurado) Capacidade de atraer que posúe algo ou alguén.
    • Exemplo: O novo edificio ten moito gancho.


.

Remove ads

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads