lata
From Wiktionary, the free dictionary
Remove ads
Substantivo feminino
lata (sg: lata; pl: latas)
- Folla de ferro cuberta dunha capa de estaño para que non se oxide.
- Exemplo: Os botes para as conservas son de lata.
- Exemplo: Os botes para as conservas son de lata.
- Por extensión, recipiente pequeno feito con este material.
- Exemplo: Comprei catro latas de sardiñas.
- Exemplo: Comprei catro latas de sardiñas.
- Cada un dos paus longos que suxeitan a palla ou a herba nun palleiro.
- Exemplo: Poñerlle as latas á meda.
- Exemplo: Poñerlle as latas á meda.
- Cada unha das táboas que, colocadas sobre os cangos, serven para soster as tellas.
- Exemplo: Serrar latas para un tellado.
- Exemplo: Serrar latas para un tellado.
- Estrutura que sostén unha parra.
- Exemplo: Xa están as latas cubertas de follas e os acios comezan a agromar.
- Exemplo: Xa están as latas cubertas de follas e os acios comezan a agromar.
- Lámina fina de madeira coa que se tece o fondo dos cestos.
- Exemplo: Buscou unha póla ben feita para facer as latas.
- Exemplo: Buscou unha póla ben feita para facer as latas.
- (Música) Recipiente metálico de aceite, pemento, etc., baleiro, empregado na música tradicional galega para o acompañamento musical.
- Exemplo: A rapaza golpeaba a lata ritmicamente.
- Exemplo: A rapaza golpeaba a lata ritmicamente.
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads