terzo

From Wiktionary, the free dictionary

Remove ads

Substantivo masculino

  1. Cada unha das tres partes iguais en que se divide un todo.
    • Exemplo: O primeiro terzo do ano. Un terzo do soldo gástao na vivenda


.

  1. Tipo de arrendamento de terras segundo o cal, nalgúns lugares, unha parte da colleita lle correspondía ao arrendatario e dúas ao dono, e, noutros, de catro partes, tres eran para quen s traballaba e unha para o dono.
    • Exemplo: Arrendar ao terzo


.

  1. Viga paralela ao cumio.
    • Exemplo: Botar os terzos


.

  1. (Exército) Rexemento da infantaría española dos séculos XVI e XVII.
    • Exemplo: Os terzos de Flandres


.

  1. Cada unha das tres partes que se consideran na altura dun cabalo.
    • Exemplo: A primeira parte vai desde o casco ao xeonllo, a segunda, até o encontro e a terceira até a cruz


.

  1. Cada un dos tres períodos que se consideran na carreira do cabalo.
    • Exemplo: As partes da carreira do cabalo son: arrincar, correr e parar


.

  1. (Relixión) Cada unha das tres partes en que se divide o rosario.
  2. Fardo de tabaco en rama que pesa aproximadamente un quintal.
  3. Garrafa de cervexa cun terzo de litro de capacidade.
  4. (Pesca) Asociación dos mariñeiros e dos propietarios de barcos e redes dun porto, agrupados para o exercicio da pesca.
  5. (Exército) Cada un dos antigos batallóns ou corpos de tropas que gornecían as galeras.
    • Exemplo: Os terzos do Reino de Aragón a finais da Idade Media dominaban o Mediterráneo


.

  1. (Exército) Certos corpos ou batallóns de infantería nos exércitos modernos.
    • Exemplo: Os terzos de Regulares de Ceuta


.

  1. (Exército) Cada unha das divisións do instituto da Garda Civil.
    • Exemplo: O terzoda Garda Civil de Galicia está comandado por un xefe ou un xeneral


.

  1. (Exército) Rexemento de infantería española dos séculos XVI e XVII.
    • Exemplo: Os terzos do século XVII eran herdeiros dos Terzos de Flandres


.

  1. (Tauromaquia) Cada unha das tres partes en que se considera dividida a lida de touros.
    • Exemplo: O terzo de varas


.

Remove ads

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads