umeiro
From Wiktionary, the free dictionary
Remove ads
Substantivo masculino
umeiro (sg: umeiro; pl: umeiros)
- (Botánica) Árbore caducifolia da familia das betuláceas, Alnus glutinosa, de até 20 ou 30 m de altura (ordinariamente, duns 10 m), co tronco máis ou menos recto, a codia parda agrisada, lisa nos individuos novos e fendida e case negra nos vellos, de follas alternas, arredondadas, de bordos dentados, flores masculinas en amentos cilíndricos colgantes, de até 9 cm e cor parda violácea, e femininas tamén en amentos, pero máis pequenos, que se converten, ao maduraren, en pequenas piñas ovoides, e froitos moi pequenos e estreitamente alados.
- Madeira da umeiro1, branca e lixeira, e moi resistente á auga, téndose empregado para facer pezas de muíños, pontes, etc. Na actualidade úsase, sobre todo, para facer cuncas, pratos e zocas.
Traducións
- Alemán: Erle (de).
- Castelán: aliso (es), alno (es).
- Catalán: vern (ca).
- Esloveno: jelša (sl).
- Francés: aulne (fr), aune (fr), verne (fr).
- Inglés: alder (en).
- Italiano: ontano (it).
- Portugués: amieiro (pt).
- Vasco: altz (eu).
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads