vulva

From Wiktionary, the free dictionary

Substantivo feminino

vulva (sg: vulva; pl: vulvas)

  1. (Anatomía) Parte externa do aparello reprodutor feminino dos mamíferos. Na muller ten forma dunha depresión, limitada a cada lado polos labios da vulva, os labios maiores, dobras cutáneas que limitan a fendedura vulvar, e os labios menores, pregos mucosos situados por dentro dos maiores e que forman na súa unión superior o capuchón ou prepucio do clítoris, pequeno órgano eréctil, eróxeno, rematado por un avultamento, o glande do clítoris, e ao fondo da cal se abren a uretra e, debaixo, a vaxina. Órganos anexos a ela, que tamén son externos, son o aparello eréctil e as glándulas de Bartholin.

Sinónimos

(todos populares)

Termos relacionados

  • aparello eréctil
  • aparello reprodutor feminino
  • clítoris
  • fendedura vulvar
  • glande
  • glande do clítoris
  • glándulas de Bartholin
  • labios da vulva
  • labios maiores
  • labios menores
  • prepucio
  • prepucio do clítoris
  • vaxina

Traducións

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.