política catalana From Wikipedia, the free encyclopedia
Ada Colau Ballano, nada en Barcelona o 3 de marzo de 1974, é unha activista social e política catalá, alcaldesa da cidade de Barcelona dende o 13 de xuño de 2015 ata o 17 de xuño de 2023
(2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Immaculada Colau i Ballano 3 de marzo de 1974 (50 anos) Barcelona, España |
UCLG Special Envoy (en) | |
15 de novembro de 2019 – | |
2016-2019 UCLG Co-President (en) | |
15 de outubro de 2016 – 15 de novembro de 2019 | |
Presidente da Área Metropolitana de Barcelona | |
23 de xullo de 2015 – 27 de xullo de 2023 ← Xavier Trias | |
Concelleira de Barcelona | |
13 de xuño de 2015 – Electa en: 2015 Barcelona City Council election (en) | |
118ª Alcalde de Barcelona | |
13 de xuño de 2015 – 17 de xuño de 2023 ← Xavier Trias – Jaume Collboni → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Barcelona |
Actividade | |
Lugar de traballo | Barcelona |
Ocupación | política , activista social , activista LGBT |
Partido político | Catalunya en Comú (2017–) Barcelona en Comú (2014–) |
Membro de | |
Lingua | Lingua catalá, lingua italiana, lingua castelá e lingua inglesa |
Participou en | |
18 de decembro de 2014 | Merecemos otro Madrid... ¡Y vamos a conseguirlo! (en) |
Familia | |
Parella | Adrià Alemany |
Páxina web | ajuntament.barcelona.cat… |
Foi unha das fundadoras da Plataforma de Afectados por la Hipoteca en Barcelona no 2009 e a súa portavoz ata 2014.[1][2] Foi cabeza de lista nas eleccións municipais de 2015 da coalición electoral Barcelona en Comú, formación que conseguiu ser a máis votada na cidade de Barcelona.[3]
Criouse no barrio barcelonés do Guinardó, no seo «dunha familia de clase media durante uns anos, en seguida vida a menos». Filla de pais separados, ten cinco irmáns (tres irmás por parte de súa nai; un irmán e unha irmá por parte de seu pai). Estudou no colexio do barrio, na Academia Febrer e, posteriormente, comezou estudos superiores na Facultade de Filosofía da Universidade de Barcelona, aínda que lle faltan dúas materias para lograr a licenciatura.[4] Segundo o seu testemuño, comezou a súa traxectoria como activista a principios da década dos 90, durante as protestas contra a Guerra do Golfo. Durante o seu período universitario, estudou un curso en Milán cunha bolsa Erasmus.[4] A principios da década do 2000, desenvolveu unha breve carreira televisiva, actuando na serie Dos + una que emitiu Antena 3[5]. Paralelamente estivo vinculada ao movemento okupa[4] e participou en diversas mobilizacións, como a que tivo lugar contra o G-8 nos consulados de Francia e Suíza en Barcelona no ano 2003 para protestar pola situación de Martin Shaw, un activista que resultou ferido durante o cumio do G-8 en Évian-les-Bains (Francia).[6] Colau manifestou que fai «vida de activista» dende 2001.[4] Vinculada tamén co movemento antiglobalización, en 2003 formou parte do movemento Aturem a guerra, que se mobilizou en contra da segunda guerra de Irak.
Traballou como responsable de Vivenda no Observatori DESC (Observatorio de Dereitos Económicos, Sociais e Culturales) de Barcelona.[7] Ten un fillo, nacido en 2011, coa súa parella, o economista e membro da PAH Adrià Alemany.[4]
É coautora do libro Vidas Hipotecadas, publicado orixinalmente en catalán e editado en castelán en xuño de 2012.
Logo de participar en 2006 no movemento V de Vivenda[8] e no Taller contra la Violencia Inmobiliaria, en 2009 Ada Colau foi unha das organizadoras da Plataforma de Afectados pola Hipoteca en Barcelona,[9] que aglutinou a varios movementos relacionados con esta problemática social, centrándose na débeda hipotecaria e os desafiuzamentos, e reivindicando a dación en pago. A creación, de maneira asemblearia, de distintas plataformas de afectados polas execucións hipotecarias, ante o non pagamento das débedas contraídas polos bancos, estendeuse por toda España. Cando posteriormente os despexes comezaron a se multiplicar, a PAH lanzou, en novembro de 2010, a campaña Stop Desahucios. O Movemento 15M e a plataforma Democracia Real Ya en 2011 axudaron de maneira decisiva a divulgar as reivindicacións das distintas plataformas, ademais de colaborar activamente, moitos dos seus membros na campaña Stop Desahucios.[9][10] Ao largo do 2012, Ada Colau foi adquirindo notoriedade nos medios en España como principal representante e portavoz da PAH.
En febreiro de 2013, Ada Colau foi a encargada de presentar en nome da PAH, do Observatorio de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais e doutros movementos sociais, unha Iniciativa lexislativa popular en España no Congreso dos Deputados, para que se elaborase unha nova lexislación en materia hipotecaria.[11] A ILP, avalada cun 1 402 845 firmas de cidadáns, contiña unha proposición de lei para a regulación de tres aspectos fundamentais: a dación en pago como fórmula preferente para a extinción da débeda contraída co banco por unha vivenda habitual; a moratoria de todos os desafiuzamentos por execución hipotecaria de vivendas habituais e a ampliación do alugamento social das vivendas en mans dos bancos.[12]
O 5 de febreiro de 2013, Ada Colau defendeu persoalmente as propostas contidas na ILP da PAH ante a Comisión de Economía do Congreso.[13] Unha semana despois, a ILP, en virtude do voto unánime dos deputados, era admitida a trámite para o seu estudo e eventual debate polos grupos parlamentarios.[14] Tras coñecer a decisión do pleno da Cámara, Colau declarou que a aprobación a trámite da ILP sobre a dación en pago era «unha vitoria cidadá e non de ningún partido».[15] Así mesmo reclamou que o contido da ILP non se vira «pervertid[o] ni descafeinad[o]» durante a súa tramitación parlamentaria.[16] Nunha entrevista no diario Público Colau manifestou que votar cada catro años é totalmente insuficiente e que os desafiuzamentos son un dos actos máis violentos que existen.[17]
Durante o trámite, o 14 de marzo de 2013, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) ditaminou[18] que as leis españolas sobre desafiuzamentos non garantían aos cidadáns unha protección suficiente fronte a cláusulas abusivas nas hipotecas e vulneraba a normativa comunitaria.[19] Segundo a sentenza, os desafiuzamentos poderán paralizase polo xuíz en cumprimento da normativa comunitaria indicada.[20][21][22] Para a PAH a sentenza é un respaldo ao contido da Iniciativa Lexislativa Popular, cuxas medidas foran cuestionadas polo seu carácter retroactivo. A luz da doutrina do TXUE a retroactividade non só é unha posibilidade recoñecida na Constitución, senón unha necesidade. Unha necesidade xa que se propón a nulidade das execucións hipotecarias realizadas dende o ano 1993, data da Directiva na que se basea a sentenza para declarar ilegal o procedemento español. No pode sosterse que unha persoa sexa condenada a pagar unha débeda perpetua derivada dun procedemento ilegal.[23]
Finalmente, en nome da PAH, Ada Colau anunciou a retirada simbólica da ILP, despois de que o Partido Popular usase a súa maioría absoluta para aprobar unha lei que, de acordo coa PAH, vulneraba o "espírito" e as "demandas" que tiñan presentado.[24]
O 7 de maio de 2014 Ada Colau anunciou que deixaba a portavocía da PAH. Un mes máis tarde, xunto a varias persoas vinculadas aos movementos sociais e veciñais, Colau presentou Guanyem Barcelona, unha plataforma cidadá creada co obxectivo de «construír unha candidatura de confluencia» para as eleccións municipais de 2015 na capital catalá. Tras varios meses de traballo, en febreiro de 2015 presentouse a coalición electoral Barcelona en Comú coa confluencia de Iniciativa per Catalunya Verds, Esquerra Unida i Alternativa, Equo, Procés Constituent, Podem e a plataforma Guanyem. O 15 de marzo de 2015 Ada Colau foi proclamada cabeza de lista de BC, tras un proceso de primarias abertas nas que foi a única candidata.
En maio de 2015, a candidatura de Barcelona en Comú terminou gañando as eleccións municipais, ao ser a forza política máis votada, facéndose con 11 concelleiros dun total de 41.[3] O 13 de xuño de 2015 converteuse, por maioría absoluta, en alcaldesa de Barcelona tras recibir os votos a favor do seu partido e tamén de ERC (5), PSC (4) e un concelleiro da CUP.[25]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.