Albert Einstein , ( [ˈalbɐt ˈaɪnʃtaɪn] (axuda · info ) ) nado en Ulm o 14 de marzo de 1879 e finado en Princeton (Estados Unidos) o 18 de abril de 1955 , foi un físico e matemático alemán de nacemento[1] recoñecido internacionalmente por propor a teoría da relatividade , un dos piares da física moderna xunto a mecánica cuántica .[2] [3] A obra de Einstein resultou tamén de grande influencia na filosofía da ciencia .[4] [5] Einstein é coñecido na cultura popular pola súa fórmula da equivalencia masa-enerxía E = mc 2 , alcumada "a fórmula máis famosa do mundo".[6]
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Albert Einstein Nome orixinal (de) Albert Einstein Biografía Nacemento 14 de marzo de 1879 Ulm (Imperio Alemán)
Morte 18 de abril de 1955 (76 anos)Princeton (Estados Unidos de América)
Causa da morte Morte natural (Aneurisma de aorta abdominal )Lugar de sepultura National Museum of Health and Medicine (en) Catedrático
1911 –
Datos persoais Residencia Einsteinhaus Caputh (en) (1929–1932) Smíchov (1911–) Einsteinhaus (en) (1903–1905) Schaffhausen (1901–1902) Princeton Múnic País de nacionalidade Estados Unidos de América (1940–) Alemaña (1933–1933) República de Weimar (1918–1933) Cisleitania (1911–1912) Suíza (1901–) apátrida (1896–1901) Imperio Alemán (1879–1896) Grupo étnico Pobo xudeu Relixión Panteísmo Educación Universidade de Zúric - física (–1905) ETH Zürich - educação matemática (pt) (1896–1900) old Kantonsschule (Albert Einstein House) (en) - matura (en) (1895–1896) Luitpold-Gymnasium (en) (1888–1894) Tese académica A New Determination of Molecular Dimensions (en) (1905 ) Director de tese Alfred Kleiner (pt) , Heinrich Burkhardt (pt) e Heinrich Friedrich Weber (pt) Coñecido por Relatividade xeral , relatividade especial , efecto fotoeléctrico , equivalencia masa-enerxía , movemento browniano, ecuacións do campo de Einstein, estatística de Bose-Einstein , condensado de Bose-Einstein , teoría do campo unificado, paradoxo EPRActividade Campo de traballo Física teórica Lugar de traballo Berlín (1914–1933) Zürich (1912–1914) Praga (1911–1912) Zürich (1909–1911) Berna (1902–1909) Princeton Caputh (en) Ocupación físico Empregador Universidade de Princeton (1933–1955) Universidade de Leiden , Professor by special appointment (en) . Faculdade de Matemática e Ciências Naturais (pt) (1920–1946) Sociedade Kaiser Wilhelm , director (1917–1933) Deutsche Physikalische Gesellschaft (pt) , presidente (1916–1918) Universidade Humboldt de Berlín , catedrático (1914–1933) Academia Prusiana das Ciencias (1914–1933) ETH Zürich , catedrático (1912–1914) Universidade alemá de Praga , catedrático (1911–1912) Universidade de Zúric , catedrático (1909–1911) Universidade de Berna , mestre (1908–1909) Instituto Federal Suízo de Propiedade Intelectual (1902–1909) Institute for Advanced Study Universidade de Leiden Universidade Carolina de Praga Berna Universidade de California en Berkeley Partido político Partido Democrático Alemán (–1933) Membro de Profesores Heinrich Friedrich Weber (pt) Alumnos Abdul Jabbar Abdullah Ernst G. Straus Nathan Rosen Leó Szilárd Raziuddin Siddiqui Influencias
Fiódor Dostoievski ,
Hermann Minkowski (pt) ,
Baruch de Spinoza ,
Mahatma Gandhi ,
Arthur Schopenhauer ,
Hendrik Lorentz ,
George Bernard Shaw ,
Isaac Newton ,
Riazuddin (en) ,
David Hume ,
Thomas Young ,
Bernhard Riemann ,
Moritz Schlick (pt) ,
James Clerk Maxwell ,
Paul Valéry ,
Karl Pearson ,
Henry George e
Ernst Mach Lingua Lingua alemá Participou en 1927 5th Solvay Conference on Physics (en) 1911 1st Solvay Conference on Physics (en)
Obra Obras destacables
Doutorando Leó Szilard (pt) Arquivos en Familia Cónxuxe Mileva Marić (1903-1919) Elsa Löwenthal (1919-1936)Fillos "Lieserl" (1902-1903) Hans Albert (1904-1973) Eduard (1910-1965) Pais Hermann Einstein e Pauline Koch (pt) Irmáns Maja Einstein (pt) Parentes Lina Einstein (curmá entregue )Elsa Einstein (pt) (curmá entregue )
Pechar
Nos comezos da súa carreira científica, Einstein considerou que a mecánica de Newton non era suficiente para reconciliar as leis da mecánica clásica coas leis do campo electromagnético . Isto levouno ao desenvolvemento da súa teoría da relatividade especial . Así mesmo decatouse que o principio da relatividade tamén se podía estender ós campos gravitacionais , e xunto coa súa subsequente teoría da gravitación de 1916, publicou a teoría da relatividade xeral . Continuou tratando os problemas da mecánica estatística e a teoría cuántica , o que deu pé ás súas explicacións da teoría de partículas e o movemento das moléculas . Tamén investigou as propiedades térmicas da luz , establecendo a base da teoría de fotóns . En 1917, Einstein aplicou a teoría xeral da relatividade para modelar a estrutura a grande escala do universo .[7]
Estas e outras contribucións ó desenvolvemento da mecánica cuántica , mecánica estatística e cosmoloxía , á parte doutras áreas, contribuíron a que fose considerado o físico máis importante do século XX .[8] Recibiu o Premio Nobel de Física no 1921 pola súa explicación do efecto fotoeléctrico e "polo seu servizo á Física teórica "[9] mais o anuncio da concesión non se fixo ata un ano despois, en 1922 debido a que o premio non foi atribuído en 1921[10] .
Einstein publicou máis de 300 artigos científicos xunto cunhas 150 obras non científicas.[7] [11] Escribiu toda a súa obra científica en alemán, aínda que nalgúns casos a lingua de publicación foi o inglés.[12]
Na súa honra, foi nomeada unha unidade empregada en fotoquímica (hoxe desaconsellada)[13] . Un einstein é equivalente ó número de Avogadro de veces a enerxía dun fotón de luz .[14] Asemade leva o seu nome o elemento químico Einsteinio .[15]