From Wikipedia, the free encyclopedia
Chamaecyparis lawsoniana é unha especie de conífera da familia das cupresáceas (Cupressaceae), subfamilia das cupresoideas (Cupressoideae), unha das seis incluídas no xénero Chamaecyparis.
Chamaecyparis lawsoniana Alcipreste de Lawson Falso ciprés de Lawson Camecíparis de Lawson | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Porte do alcipreste de Lawson. | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Chamaecyparis lawsoniana (A. Murray) Parl., 1855 | |||||||||||||||||
Área de distribución natural de Chamaecyparis lawsoniana. | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Coñecida en galego, segundo a Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo, da Universidade de Santiago de Compostela, como alcipreste de Lawson ou ciprés de Lawson,[2] a pesar de non ser un verdadeiro ciprés, nome reservado na maior parte das bibliografías para as especies do xénero Cupressus (véxanse máis abaixo posíbeis nomes galegos).
A especie é nativa do suroeste de Oregón e o extremo noroeste de California nos Estados Unidos,[3] [4] tendo unha prevalencia desde o nivel do mar até os 1 800 m de altitude,[4] nos vales das montañas, frecuentemente nas beiras dos regueiros.[Cómpre referencia]
Moi resistente, porén é ocasionalmente queimada polos ventos secos e fríos nos invernos crus.[4]
Abundante tanto o tipo como os diversos cultivares nas cidades e nos xardíns suburbanos, parques, cemiterios, prazas e claustros de igrexas de moitos lugares de Europa.[4]
Non é unha árbore propia de Galiza, atopándose soamente nalgúns parques e xardíns.[3]
As principais características de Chamaecyparis lawsoniana son:[3] [5]
A especie foi descrita en 1855 polo botánico e entomólogo escocés Andrew Murray, baixo o nome de Cupressus lawsoniana, nun traballo publicado no Edinburgh New Philos. J. ser. 2, 1: 292, t. 10. 1855 (Jan-Apr 1855).[6]
Pouco despois, en 1864, a especie foi transferida ao xénero Chamaecyparis polo botánico italiano Filippo Parlatore, nun traballo publicado nos Ann. Mus. Imp. Fis. Firenze 1: 181.[7]
Para a do xénero, véxase Chamaecyparis.
O epíteto espeífico, lawsoniana, foi nomeado por Andrew Murray na honra á compañía "Lawson & Son nursery" de Edimburgo, Escocia, Reino Unido, que introduciu a especie no cultivo.
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[8]
Esta especie foi descuberta por vez primeira preto de Port Orford, en Oregón (de aí o nome en inglés, Port Oxford cedar; outros nomes ingleses son Oregon cedar e Lawson cypress, malia que non sexa nin un cedro nin un ciprés).[4]
Comezou a cultivarse a partir de 1854, polos traballadores dos viveiros "Lawson & Son nursery" en Edimburgo, Escocia, Reino Unido. (De aí que Andrew Murray lle adxudicara o epítetoe lawsoniana). A USDA denomínao oficialmente como "Port Orford Cedar", o mesmo que a meirande parte da xente da súa área orixinal; mais, por no ser un cedro, moitos botánicos prefiren evitar este nome. Na silvicultura e na xardinaxe, eidos nos que a especie é moi importante, utilízan especialmete o nome de ciprés de Lawson.
Porque Chamaecypais lawsoniana ten unha grande importancia en horticultura, paisaxismo e xardinaría.
Por outra parte, a súa madeira é lixeira e durábel, e valorada especialmente no leste de Asia, sendo exportadas grandes cantidades ao Xapón, onde é moi arelada para facer cadaleitos e para ser utilizada na construción de templos.[9]
Por mor da rectitude do seu gran, é tamén unha das madeiras preferidas para a fabricación de eixos das setas. Tamén se considera unha madeira aceptábel, aínda que non a ideal, para a construción de avións.[10]
Varios centos de cultivares de variadas formas das copas, taxas de crecemento e cor da follaxe foron seleccionadas para poder elixir a máis apropiada para plantar en parques e xardíns, segundo as condicións climáticas do lugr, ou as preferencis estéticas. Prosperan mellor en solos ben drenados, pero húmidos. Os seguintes cultivares ganaron o Award of Garden Merit (Premio do mérito de xardín) outorgado pola Royal Horticultural Society de Londres (Real Sociedade de Horticultura):
No seu medio natural, a especie atópase seriamente ameazada por unha doenza nas raíces causada polo fungo patóxeno introducido, Phytophthora lateralis. Esta enfermidade é así mesmo un problema para as plantacións hortícolas nalgunhas partes de América do Norte. A árbore tamén é atacada, aínda que non coa mesma intensiade, por outras especies do xénero Phytophthora.
A infección por Phytophthora lateralis comeza cando o micelio dunha espora xermolada, invade as raíces. A infección esténdese entón a través da casca e do cámbium interno arredor da base da árbore. A extensión por riba do toro é xeralmente limitada. O tecido infectado morre e arrodea con eficacia a árbore. As árbores vellas teñen máis probabilidade de seren infectadas que as novas, por mor de que zonas de raíz son máis grandes (aínda que sucumbirán todas as árbores nos bordos das correntes de auga). Porén, as árbores vellas poden vivir a miúdo coa infección durante un período máis longo (até varios anos).
As poboaciónss de Chamaecyparis lawsoniana nas ribeiras dos ríos son altamente susceptíbeis para contraer a infección de Phytophthora lateralis. Porén, o índice de contaxio da Phytophthora en poboacións en zonas secas da meseta parece ocorrer máis amodo. A Phytophthora lateralis propágase a través da auga, por medio de esporas móbiles (zoósporas). O fungo tamén produce esporas latentes (clamidiósporas) que poden persistiren no solo durante un longo período de tempo. As novas infeccións comezan xeralmente cando se transfiren dende o chan dunha poboación infectada a unha non infectada por medio do movemento humano ou animal. Logo da infección inicial en poboacións á beira de correntes de auga, a extensión secundaria vía zoósporas infecta rapidamente a todos os individuos río abaixo.
O ser humano como medio facilitador do espallamento é probabelmente o responsábel dos gomos máis novos, e das infeccións que se producen a distancia. O chan en contacto cos pneumáticos dos vehículos, especialmente camións de transporte e outros vehículos que circulan nas vías forestais, considérase o problema máis perentorio por mor ao volume de solo que pode ser desprazado e a cantidade de tráfico entre áreas susceptíbeis. A extensión en solas de botas e pneumáticos de bicicletas de montaña tamén se teñen suxerido que contribúen a novas infeccións locais.[26] Tamén se ten suxerido que os animais facilitan o espallamento, mais dun xeito moi localizado.
Esta especie está moi espallada por toda Galicia en parques e xardíns. Os exemplares de maior tamaño encóntranse no parque do Carballiño e na alameda de Santiago.[3]
A pesar de apuntado máis arriba, e tendo en conta que a Real Academia Galega prefire o termo ciprés ao de alcipreste,[27][28] ambos referidos á especie Cupressus sempervirens, e que, segundo as normas para a nomenclatura en linguas vulgares das especies vexetais, que aconsellan dar nomes diferentes ás especies de xéneros distintos, uns posíbeis nomes galegos para esta especie poderían ser falso ciprés de Lawson ou camecíparis de Lawson.[29]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.