Cupresáceas

From Wikipedia, the free encyclopedia

Cupresáceas
Remove ads

A das cupresáceas (Cupressaceae) é unha familia de coníferas da orde das pinales que inclúe árbores e arbustos sempre verdes, de 1 a 116 m de altura, coma os cipreses, os falsos cipreses, as tuias, os xenebreiros, as sequoias e similares.

Máis información Clasificación científica, Subfamilias ...
Véxase Pinidae para unha introdución a estes grupos

A familia está subdividida en sete subfamilias que comprenden uns 27 ou 30 xéneros, segundo os autores, con ao redor de 130 a 140 especies (moitas delas monotípicas, é dicir, que son as únicas do seu respectivo xénero).

En Galiza son moi cultivadas en xardinaría[1], sendo a única especie autóctona o xenebreiro Juniperus communis L., subespecie nana Syme (=Juniperus nana Willd.), que medra espontaneamente en alturas superiores aos 1700 msnm nos Ancares e en Pena Trevinca.

Remove ads

Características

As principais características das cupresáceas son:[2] [3]

  • Son coníferas arbóreas ou arbustivas, perennifolias, monoicas ou dioicas.
  • Follas simples, opostas ou verticiladas, escamiformes ou aciculares, podendo coexistir ambos os tipos, provistas ás veces dunha glándula dorsal.
  • Flores masculinas amentiformes. Flores femininas globosas.
  • Conos maduros leñosos ou carnosos, de maduración anual ou bienal, coas escamas provistas ás veces dun apéndice dorsal.
  • Brácteas e escamas totalmente ou case totalmente concrescentes nunha peza única, albergando de 1 a 20 óvulos.
    Sementes aladas ou ápteras.
Remove ads

Taxonomía

Thumb
Filoxenia da familia das cupresáceas.

Descrición

A familia foi descrita en 1830 polo botánico e bioquímico Estados Unidos de América Harley Harris Bartlett.[4]

Etimoloxía

O nome científico da familia, Cupressaceae, está formado polos elementos do latín científico Cupress-, tirado do nome do xénero tipo, Cupressus, coa adición do segundo compoñente -aceae, propio dos nomes das familias vexetais (en sentido amplo).[5]

Clasificación

A familia divídese en sete subfamilias, baseadas en análises xenéticas e morfolóxicas, cos xéneros que se indican a continuación:[6][7]

Remove ads

En Galicia

En parques e xardíns de Galicia cítanse, entro outras, as seguintes especies desta familia:

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads