Chamaecyparis
xénero de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Chamaecyparis é un dos oito xéneros da familia das cupresáceas (Cupressaceae), que comprende seis especies orixinarias do leste de Asia (Xapón e Formosa) e do leste e o oeste dos Estados Unidos.[1] [2]
Remove ads
Características
Son árbores perennifolias de tamaño de mediano a grande, que medran até 20–70 m de alto, cunha follaxe en ramiñas aplanadas, formando planos netos. As follas son de dous tipos, agullas xuvenís aciculares sobre os exemplares novos até dun ano de idade, e escamosos nas follas dos adultos. Os conos son de globosos a ovais, con 8-14 escamas dispostas en pares decusados opostos; cada escama ten de 2 a 4 pequenas sementes.[2] [3]
Remove ads
Taxonomía




Descrición
O xénero foi descrito en 1841 polo botánico francés Édouard Spach (1801-1879).[4]
Etimoloxía
O nome científico de xénero, Chamaecyparis, está formado polos elementos do latín científico chamae- e -cyparis. O primeiro elemento está tirado do grego antigo χαμαί chamaí, "en terra", "no chan", e tamén "baixo" e "pequeno", e o segundo deriva do grego antigo κυπάρισσος kypárissos, "ciprés". Literalmente: "ciprés anano".[3] [5]
Sinónimos
O xénero tamén se coñece polos seguintes sinónimos (algúns deles impropios):[1] [6]
Nomes vulgares
Ás árbores deste xénero adóitaselles chamar en galego falso alcipreste ou alcipreste directamente malia non seren do xénero Cupressus.[Cómpre referencia] [11] [12]
Segundo as normas para a nomenclatura en linguas vulgares das especies vexetais, que aconsellan dar nomes diferentes ás especies de xéneros distintos, uns posíbeis nomes galegos para as especies deste xénero poderían ser falsos cipreses ou o neoloxismo camecíparis.[13]
Especies
A maioría dos autores recoñecen seis especies dentro do xénero:[1] [14] Aínda que algúns só recoñcen cinco, ou elevan o seu número a sete.[Cómpre referencia]
- Chamaecyparis formosensis - falso ciprés de Formosa (Taiwán)
- Chamaecyparis lawsoniana - falso ciprés de Lawson (Oeste de América do Norte)
- Chamaecyparis obtusa - falso ciprés hinoki (Xapón)
- Chamaecyparis pisifera - falso ciprés de Sawara (Xapón)
- Chamaecyparis taiwanensis - falso ciprés de Taiwán (Taiwán)
- Chamaecyparis thyoides - falso ciprés branco americano (Leste de América do Norte)
C. taiwanensis é tratado por moitos autores europeos e americanos como unha variedade de Chamaecyparis obtusa (como C. obtusa var. formosana),[15] pero os últimos estudos morfolóxicos e moleculares sitúano dentro da nova especie Chamaecyparis taiwanensis, segundo os botánicos taiwaneses.[16] [17] Ambos os dous taxa difiren nos seus requirimentos ecolóxicos, xa que C. obtusa crece principalmente en lugares secos, mentres que C. taiwanensis ocupa solos húmidos e require lugares máis chuviosos e aire máis húmido.[15]
O xénero Fokienia non é recoñecido por moitos autores como un xénero separado de Chamaecyparis, en cuxo caso Chamaecyparis hodginsii (= Fokienia hodginsii, o falso ciprés de Fuijan, propio da China, Vietnam e Laos) debería agregarse á lista anterior.[18] [19]
Outra especie que era incluída neste xénero, o C. nootkatensis, tranferiuse, en base a evidencias xenéticas e morfolóxicas importantes, ao xénero Callitropsis, pasándose a denominar como Callitropsis nootkatensis, ou de volta a Cupressus nootkatensis, nome co que a especie foi descrita orixinalmente en 1824.[Cómpre referencia] Porén, en BioLib mantense dentro de Chamaecyparis.[20]
Coñécense tamén varias especies descritas a partir do rexistro fósil incluíndo:[21]
- †Chamaecyparis eureka Mediados do Eoceno, illa Axel Heiberg, Canadá.
- †Chamaecyparis linguaefolia Principios-mediados do Oligoceno, Colorado, Estados Unidos.
Remove ads
Cultivo e usos
Catro especies (C. lawsoniana, C. obtusa, C. pisifera e C. thyoides) son de considerábel importancia como árbores ornamentais en horticultura; varios centos de cultivares foron seleccionados por varios riscos, incluíndo un tamaño anano, follaxe amarelo, azulado, prateado ou variegado, retención permanente das follas xuvenís e gomos coma fíos cunha ramaxe reducida.[2]
A madeira é aromática, e moi apreciada, en particular no Xapón, onde se usa para a construción de templos.[Cómpre referencia]
Inimigos
As especies de Chamaecyparis son parasitadas polo fungo Gymnosporangium clavariiforme.[22]
Ademais son utilizadas como plantas alimenticias polas larvas de certas especies de lepidópteros, coma Eupithecia pusillata e Panolis flammea.[Cómpre referencia]
Nalgunhas zonas, o cultivo vese limitado polas enfermidades de raíz causadas por especies de fungos do xénero Phytophthora, sendo C. lawsoniana particularmente susceptíbel a P. lateralis. Actualmente moitas das áreas autóctonas onde medran os exemplares máis antigos de C. lawsoniana están afectadas por este fungo, introducido recentemente nos Estados Unidos, que termina por matar a árbore. Non hai cura para as árbores infectadas, sendo o control da dispersión do fungo a única forma eficaz de combatelo. Actualmente estanse a investigar variedades resistentes.[Cómpre referencia]
Remove ads
En Galicia
En Galicia cultívanse, en distintos parques e xardíns, catro das especies deste xénero:[3]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads