pintor e escultor italiano From Wikipedia, the free encyclopedia
Amedeo Clemente Modigliani, nado en Livorno (Toscana) o 12 de xullo de 1884 e finado en París o 24 de xaneiro de 1920) foi un pintor e escultor italiano de etnia xudía.
Amedeo medra nunha familia xudía na cidade portuaria de Livorno, durante a súa adolescencia comeza a recibir clases de pintura de Guglielmo Micheli, tamén de adolescente comeza a sufrir de febres tifoideas e tise. No ano 1902 estudou na Escola libre de nu de Florencia e o ano seguinte no Instituto de Belas Artes de Venecia.
Finalmente no ano 1906 trasládase a París onde entra en contacto co mundo das vangardas. Instalouse no Bateau-Lavoir de Montmartre, unha antiga fábrica de pianos reconvertida en residencia artística por onde pasou gran parte da intelectualidade parisiense de comezos do século XX. Xa dende a súa etapa en Venecia Modigliani desenvolvera uns hábitos de vida pouco saudables, bebendo en exceso e consumindo drogas, pero o pouco de chegar a París acaba por converter en alcolico e ter problemas graves de conduta. Todo isto sumado ós seus problemas de saúde non tarda en pasarlle factura.
No 1909 retorna brevemente a Livorno tratando de alonxarse da mala vida que levaba en París, pero non vai a tardar en retornar instalándose desta volta no barrio de Montparnasse.[1]
Durante a Primeira guerra mundial trata de enrolarse pero é rexeitado polo seu estado físico. En 1918 vai comezar unha relación coa que será a nai da súa filla, Jeanne Hebuterne á que vai pintar en varias obras. O 24 de xaneiro de 1920 Modigliani vai morrer a causa dunha meninxite derivada da súa tuberculose con tan só 35 anos. Vai ser soterrado no cemitério do Père-Lachaise.
A obra de Modigliani xira fundamentalmente en torno ó retrato e ó nu. A súa formación en Italia bebe da tradición do S.XIX e sobre é deudora dos macchiaioli (Manchistas) que van a ser a resposta italiana contra o academicismo e o romanticismo. Varios dos membros deste grupo foron mestres de Modigliani.
Pero conservase pouca pintura desta época do artista xa que el mesmo vai a renunciar o súa primeira etapa unha vez que chega a París e entra en contacto coas vangardas pictóricas. O estilo polo que vai ser coñecido é moí persoal e dificilmente atribuible a calquera das vangardas. Hai influencia de Cezanne e tamén de Toulouse-Lautrec ou de Paul Gouguin incluso do primitivismo e do primeiro cubismo, pero creando sempre un estilo propio.[2]
Traspassos coñecer a Brancusi, durante un breve período o principio dos anos 10 Modigliani tamén traballou a escultura deixando pezas de grande interese aínda que regresou pouco tempo despois a adicarse á pintura a tempo completo.[3]
En vida Modigliani non vai ser un autor especialmente recoñecido, aínda que as súa obra vai cotizarse mellor nos seus derradeiros anos de vida grazas ao seu amigo e marchante Léopold Zborowski. Isto contrasta enormemente cos prezos de vendas que ten a súa obra a día de hoxe. O seu cadro Nu couché acadou na poxa feita por Christie´s en 2015 por 170.405.000 USD,[4] sendo un dos prezos máis altos pagados nunca por unha obra de arte.
En 1958 Jacques Becker dirixiu Les Amants de Montparnasse onde Gérard Philipe encarna ó pintor italiano[5],
No ano 2005 sería Andy García o que lle daría vida na cinta de Mick Davis, Modigliani[6].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.