Anaïs Nin
From Wikipedia, the free encyclopedia
Anaïs Nin Culmell, nada en Neuilly-sur-Seine o 21 de febreiro de 1903 e finada nos Ánxeles (California) o 14 de xaneiro de 1977, foi unha escritora estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Ángela Anaïs Juana Antolina Rosa Edelmira Nin Culmell 21 de febreiro de 1903 Neuilly-sur-Seine (Francia) |
Morte | 14 de xaneiro de 1977 (73 anos) Os Ánxeles (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | Morte natural (Cancro ) |
Lugar de sepultura | Baía de Santa Mônica (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Cuba Estados Unidos de América Francia |
Actividade | |
Lugar de traballo | París Nova York |
Ocupación | escritora , guionista , novelista , autora de diarios , autobiógrafa , bailarina |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa, lingua francesa e lingua castelá |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Rupert Pole (1955–1966) Ian Hugo (1923–1977) |
Pais | Joaquín Nin Castellanos e Rosa Culmell Vaurigaud (pt) |
Irmáns | Joaquín Nin-Culmell e Thorvald Nin Culmell |
Premios | |
|
Viviu e traballou en París, Nova York e Os Ánxeles. Relacionouse con personalidades do mundo artístico e literario, así como do mundo da psicoloxía, como Henry Miller, Antonin Artaud, Otto Rank, Salvador Dalí, Edmund Wilson, Gore Vidal, James Agee ou Lawrence Durrell. Autora de novelas avant-garde no estilo do surrealismo francés, é coñecida principalmente polos seus escritos autobiográficos, recopilados nos Diarios de Anaïs Nin en sete volumes. Comezou o seu diario con once anos, e continuouno durante varias décadas. Os manuscritos orixinais dos seus diarios, que constan dunhas 35 000 páxinas, consérvanse no Departamento de Coleccións Especiais da Universidade de California nos Ánxeles.