actor español From Wikipedia, the free encyclopedia
Andrés Pajares Martín (Madrid, 6 de abril, 1940) é un actor, director, guionista e cómico de cine, teatro e televisión español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de abril de 1940 (84 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación, filme, televisión e teatro |
Ocupación | actor , actor de teatro , realizador , actor de cinema , director de cinema , actor de televisión , guionista |
Lingua | Lingua castelá |
Selo discográfico | Philips EMI |
Familia | |
Fillos | Andrés Burguera (pt) |
Páxina web | andrespajares.es |
Comezou como actor cómico en discotecas e nas compañías musicais de Antonio Machín, Manolo Escobar e Tony Leblanc. Encabezaba un cartel por primeira vez con Antonio Casal e actuou con Sara Montiel e Rocío Jurado antes de formar a súa propia compañía de revistas (Más vale pájaro en mano, Del coro al caño, La risa está servida). Alternou os escenarios co café-teatro, especialidade na que acadou un peculiar protagonismo, e gravou varios discos ao mesmo tempo.
Tamén participou en numerosos programas de televisión, sobre todo cun personaxe, El currante, que el mesmo fixo de película anos despois.
En 1979 comezou a traballar no cine xunto a Fernando Esteso. Pajares e Esteso traballaron xuntos en once películas con Mariano Ozores como director, con eles acadaron gran repercusión e popularidade a nivel nacional. A parella traballou no cine ata 1983, cando rodaron La Lola nos lleva al huerto, a súa última película xuntos. Catro anos máis tarde reencontraronse, esta vez no escenario, na obra La extraña pareja, de Neil Simon, dirixida por José Osuna .
Xa separado profesionalmente de Fernando Esteso, continuou traballando como actor de cine e televisión. En 1990 chegou ao punto culminante da súa carreira como actor grazas a ¡Ay, Carmela!, coa que gañou, entre outros, un Goya do Academia e o premio ao mellor actor no festival Montreal.
En 1996 participou como actor, xunto a María Barranco, en Bwana e, posteriormente, en producións televisivas como ¡Ay, Señor, Señor! (1994 -1995) e Tío Willy (1998-1999).
Ademais da súa traxectoria profesional, tamén é coñecido en España pola súa vida privada e familiar. De cando en vez vese nalgúnha das televisións en programas do corazón e tamén en revistas de prensa rosa.
En 2008, coincidindo cos seus cincuenta anos de traxectoria artística,[1] estreou a obra A mi manera de hacer,[2] no que recreou os seus números máis populares. Pouco despois da súa estrea, o 28 de febreiro dese mesmo ano, a obra foi parada por problemas persoais do actor, aínda que máis tarde protagonizou a segunda parte de "Oro de Moscu", a película "La daga de Rasputin" dirixida por Jesús Bonilla, con grande éxito de recadación. Andrés Pajares é actualmente o decano dos actores cómicos españois.
Casou coa actriz Carmen Burguera, da que quedou viúvo en 1973[3] e coa que tivo o seu fillo Andrés Burguera (1966).[4] En 1975 casou con Ascensión «Chonchi» Alonso, nai da súa filla Mari Cielo (1976),[5] separáronse en 1997. Despois tivo unha relación con Conchi Jiménez entre 1997 e 2003.[6] En marzo de 2003 anunciou que tiña outra filla chamada Eva, nacida en 1971.[7] A súa última relación sentimental coñecida é, desde 2016, coa súa secretaria, Juana Gil. O 5 de decembro de 2019 casou con ela civilmente.
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1990 | Mellor actor | ¡Ay, Carmela! | Gañador |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1991]] | Mellor actor | ¡Ay, Carmela! | Gañador |
Actor
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.