Algúns autores consideran a Apis laboriosa como unha subespecie de Apis dorsata.[6]
Polo tipo de niño de cría pódense dividir as especies de Apis en dous grupos:
As que constrúen os seus favo ou panais en ocos, e que, polo tanto, son proclives a seren utilizadas polo home dentro de colmenas e préstanse para unha explotación racional mobilista (con cadros móbiles). Integran este grupo cinco especies: Apis mellifera, Apis cerana, Apis nigrocincta, Apis koschevnikovi e Apis nuluensis, das cales as dúas primeiras son explotadas na práctica da apicultura tradicional, podendo o resto seren explotadas polos nativos como apicultura cazadora-recolledora.
As que constrúen os seus panais ao aire libre, xeralmente adheridos a ramas de plantas, como son os casos de Apis dorsata, Apis florea e Apis andreniformis (diferenciándose na altura dos sitios de nidificación), ou ben as que os constrúen en cantís rochosos, adheridos á pedra, como a especie Apis laboriosa.[7]
O xénero Apis parece ter a súa orixe no sur e o sueste de Asia, incluíndo as Filipinas. Todas as especies actuais, excepto Apis mellifera son nativas desa rexión. Os representantes viventes das primeiras liñaxes en diverxer, (Apis florea e Apis andreniformis) teñen o seu centro de dispersión nesta rexión.[8]
As primeiras abellas fósiles de Apis apareceron no límite Eoceno-Oligoceno (hai 34 millóns de anos) en xacementos europeos. A orixe destas abellas non indica que o lugar de orixn do xénero sexa Europa, só que xa estaban presentes nesa rexión nesa época. Coñécense moi poucos xacementos fósiles e están moi pouco estudados, así que a falta de fósiles non é de estrañar.
Soamente un fósil está documentado no Novo Mundo, Apis nearctica, coñecido por un só espécime de 14 millóns de anos de antigüidade, encontrado no estado de Nevada.[9]
Un punto de cor aplicado por un apicultor identifica a unha abella raíña
Smith, Deborah R., Lynn Villafuerte, Gard Otisc & Michael R. Palmer (2000). "Biogeography of Apis cerana F. and A. nigrocincta Smith: insights from mtDNA studies"(PDF). Apidologie31 (2): 265–279. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 29 de febreiro de 2012. Consultado o 17 de xuño de 2021.|archiveurl= e |urlarquivo= redundantes (Axuda); |archivedate= e |dataarquivo= redundantes (Axuda); |deadurl= e |url-morta= redundantes (Axuda); |accessdate= e |data-acceso= redundantes (Axuda)
Engel, Michael S., I. A. Hinojosa-Diaz & A. P. Rasnitsyn (2009). "A honey bee from the Miocene of Nevada and the biogeography of Apis (Hymenoptera: Apidae: Apini)". Proceedings of the California Academy of Sciences60 (3): 23–38.
Aguiar, Alexandre P. et al. (2013): "Order Hymenoptera". En Zhang, Z.-Q. (ed.): "Animal Biodiversity: An Outline of Higher-level Classification and Survey of Taxonomic Richness (Addenda 2013)". Zootaxa3703: 1–82.
Arnett, R. H. Jr. (2000): American insects, 2ª ed. Boca Ratón, Londres, Nova York, Washington DC: CRC Press. ISBN 0-8493-0212-9.
Borror, D. J., DeLong, D. M. & Triplehorn, C. A. (1976): An introduction to the study of insects, 4ª ed. Nova York, Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-0308-8406-3.
Huber, John T. (2009): "Biodiversity of Hymenoptera". Capítulo 12. En Robert G. Foottit & Peter H. Adler: Insect Biodiversity: Science and Society. Hoboken, New Jersey: Blackwell Publishing. ISBN 978-1-4051-5142-9.
O'Toole, Christopher & Raw, Anthony (1999): Bees of the world. Londres: Cassell & Co. ISBN 0-8160-5712-5.
Sharkey, Michael J. (2007): "Phylogeny and Classification of Hymenoptera". Zootaxa1668: 521–548.
Vilhelmsen, Lard (2001): "Phylogeny and classification of the extant basal lineages of the Hymenoptera (Insecta)". Zoological Journal of the Linnean Society131: 393–442.