especie de cetáceo odontoceto da familia dos zifíidos From Wikipedia, the free encyclopedia
Berardius bairdii é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos zifíidos.[3]
Berardius bairdii | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Comparación do tamaño co dun humano | |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
CC sen datos suficientes | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Berardus bairdii Stejneger, 1883 [1] | |||||||||||||||||||||||
Distribución do Berardius bairdi | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
A especie foi descrita por Leonhard Hess Stejneger en 1883 grazas a un exemplar encontrado no mar de Bering. Stejneger denominouna así na honra de Spencer Fullerton Baird, un antigo secretario da Smithsonian Institution.
É moi similar ao seu conxénere o zifio de Arnoux (Berardius arnouxii), até o pnto que algús autores consideran que é unha subespecie deste, Berardius arnouxii bairdii,[4] aínda que é lixeiramente maior, cunha lonxitude que pode chegar até os 13 m.
Pero a falta de diferenzas morfolóxicas coñecidas pode ser simplemente debido ao escaso número de espécimes examinados (especialmente do zifio de Arnoux), e análises de datos da secuencia dos intróns mitocondrial e nuclear revelaron diferenzas xenéticas, confirmando que estas especies son entidades taxonómicas reprodutivamente illadas e válidas.[5][6]
Na prefectura de Chiba (Xapón) é moi apreciado pola súa carne.
As principais características do Berardius bairdii son:[6]
Habita no océano Pacífico Norte, no mar do Xapón e na parte meridional do mar de Okhotsk. Aínda que poden verse cerca da costa en augas profundas, parecen preferir os mares cos fondos máis abruptos ao bordo da plataforma continental,[7] en auuas oceánicas temperadas entre os 1 000 e os 3 000 m de profundidade. Algúns espécimes se rexistraron tan ao norte como o mar de Bering, e tan ao sur como nas costas da península de Baixa California.
Nas costas do Xapón rexistráronse en augas a temperaturas que oscilan entre os 23 °C e os 29 °C, cun límite meridional na isoterma de 15 °C a 100 m de profundidade. No norte do mar de Okhotsk, a especie encontrouse a menos de 500 m de profundidade, o que podería explicarse pola dispoñibilidade de especies presa en augas pouco profundas en latitudes máis altas.[8].
Estímase que a poboación total mundial para esta especie é da orde dos 30 000 individuos.[6]
Coñécense tres poboacións de Berardius bairdii no noroeste do Pacífico (mar do Xapón, mar de Okhotsk e océano Pacífico), onde os cetáceos foron explotados durante séculos.
A poboación do Pacífico Norte oriental estímase nuns 1 100 individuos, incluíndo uns 228 Baird no Pacífico norte oriental, incluíndo uns 228 fronte á costa oeste dos Estados Unidos.[9][10]
A a súa abundancia en augas xaponesas estimouse nuns 7 000 individuos (5 029 fronte ás costas do Pacífico, 1 260 no mar do leste do Xapón e 660 ao sur do mar de Okhotsk,[7][9][11] pero estas poboacións probabelmente estean subestimadas porque moitas veces os métodos de mostraxe visual non contan co feito de que estes animais están mergullados durante longos períodos de tempo e que son moi discretas cando siben á superficie.
Non hai información sobre as tendencias da evolución da poboación global desta especie.
Adoitan desprazarse en grupos compactos de até dez animais, cun máximo de 30. Cando os perseguen, todos os membros do grupo foxen conxuntamente, somerxéndose e saíndo á superficie sincronicamente. A pesar de que esta especie cazouse durante moito tempo, a composición das mandas non se estudou en profundidade. Sorprende o feito de que máis de dous terzos dos espécimes capturados sexan machos, a pesar de que as femias son máis voluminosas, o que debería convertelas nunha presa máis desexada. Os varamentos en masa son pouco habituais; porén, nunha ocasión varou un grupo integrado por sete animais, tres femias e catro machos maduros.[Cómpre referencia]
Son animais moi discretos. Ás veces saltan e golpean a superficie da auga coas aletas pectorais ou a cola. De todos os xeitos pasan a maior parte do tempo lonxe da superficie, mergullados en augas profundas. Tipicamente permanecen somerxidos unha media hora, pero ás veces unha hora ou máis, e xeralmente non pasan máis de cinco minutos na superficie entre inmersións consecutivas. Pero esta habilidade non parece mantelos a salvo dos depredadores: encontráronse restos deles no estómago de varias candorcas, e algúns dos exemplares capturados en augas xaponesas presentan as cicatrices lineais características das feridas producidas por candorcas.
Aliméntanse principalmente de peixes, cefalópodos e crustáceos que viven en augas profundas, cerca do fondo, entre os 1 000 ew os 3 000 m de profundidade, así como dalgúns peixes peláxicos (gadiformes, xarda, sardiñas).[7][12]
A dieta na costa do Xapón componse nun 82 % de cefalópodos e un 18 % de peixes, mentres que no sur do mar de Okhotsk as proporcións son do 13 % e o 87 %, respectivamente.
Fronte ás costas xaponesas esta especie ten unha importante área de alimentación durante o verán e o outono, o que probabelmente está relacionado coa corrente fría subsuperficial de Oyashio, asociada a unha gran produtividade.
Existe unha grande incerteza en torno á reprodución do Berardius bairdii. Os estudos dos animais capturados nas costas xaponesas indican que a xestación podería durar entre 10 e 17 meses. Probabelmente as femias paren cada tres anos. Esta especie representa unha excepción entre os cetáceos polo feito de que os machos maduran antes e parecen vivir moito máis que as femias, polo que sempre hai máis machos sexualmente maduros que femias na poboación. Os machos de máis idade probabelmente desempeñan un papel social importante. Algúns investigadores especularon que os machos talvez colaboren no coidado das crías destetadas, o que permitiría que as femias deran a luz máis a miúdo.
Non existe ningunha estimación sobre a poboación mundial destes zifios, pero é probábel que sexan máis dunhas poucas decenas de miles. Só se sabe que na costa occidental dos EEUU hai uns 4 000 (excluíndo os de Alasca). Os censos do Xapón permitiron facer unha estimación duns 6 000 animais, dous terzos dos cales residirían na costa pacífica. Nos últimos anos o goberno xaponés estableceu un cota anual de capturas dun máximo de 54 espécimes.
Estes zifios explotáronse máis no pasado. Entre 1948 e 1986 matáronse case 4 000 (con máis de 300 no ano 1952). Ademais, os baleeiros rusos informaron ter capturado 176 entre 1933 e 1974, e os que faenaban nas costas norteamericanas mataron uns 60 entre 1912 e 1966. Cada ano morren algúns a causa das artes de pesca, sobre todo cando quedan atrapados en redes de deriva colocadas en augas profundas. Na actualidade esta especie está cualificada pola IUCN como sen datos suficientes (CC) para dar unha información sobre a súa situación.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.