Biocombustible
From Wikipedia, the free encyclopedia
O biocombustible é o termo para denominar calquera tipo de combustible que derive da biomasa -organismos recentemente vivos ou os seus refugallos metabólicos, tales como o esterco da vaca-. Os restos orgánicos foron a primeira fonte de enerxía que coñeceu a humanidade: a madeira ou os excrementos secos son biocombustibles.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2020.) |
Se se administra ben, a madeira dos bosques pode ser un recurso renovable. Deste xeito propúxose a biomasa como fonte de enerxía. Unha destas biomasas sería a lavra de madeira (un exemplo), produto da limpeza dos bosques ou ata da súa explotación racional.[Cómpre referencia]
Os combustibles de orixe biolóxica poden substituír parte do consumo dos combustibles fósiles tradicionais (petróleo, carbón). Os biocombustibles máis usados e desenvolvidos son o bioetanol e o biodiésel.
- O bioetanol, tamén chamado etanol de biomasa, obtense a partir de millo, sorgo, cana de azucre ou remolacha. Brasil é o principal produtor de Bioetanol (45% da produción mundial), Estados Unidos representa o 44%, China o 6%, a Unión Europea o 3%, India o 1% e outros países o restante 1%.
- O biodiésel fabrícase a partir de aceites vexetais, que puideron ser usados ou non. Neste último caso acostúmase usar raps, colza, soia ou jatropha, os cales son cultivados para este propósito. O principal produtor de biodiésel no mundo é a Alemaña, que concentra o 63% da produción. Séguea a Francia co 17%, os Estados Unidos co 10%, a Italia co 7% e Austria co 3%.