Caoba
From Wikipedia, the free encyclopedia
A caoba[1][2] ou acaxú[3] é o nome comercial utilizado para designar madeiras de orixe tropical de especies de árbores pertencentes á familia das meliáceas, coma a caoba común (Swietenia mahagoni). A principal característica desta madeira é a súa cor, que vai do arroibado escuro, viño tinto e con tons máis claros segundo a variedade, até o rosado.
- Para a especie común denominada caoba, véxase o artigo: Swietenia mahagoni.
Caobas | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Madeira da especie Swietenia macrophylla (caoba americana) | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
|
O termo caoba empregouse, primeiramente, para referirse á madeira da especie Swietenia mahagoni, nativa do Caribe e do sur de Florida. A denominación máis tarde foi alargada para a madeira das especies Swietenia macrophylla, unha árbore das costas atlánticas de América Central e América do Sur, até o sur de Bolivia; e Swietenia humilis, orixinaria das costas do Pacífico de América central. Son as coñecidas como “caobas americanas”.
Non obstante, o termo pasou a ser tamén empregado para nomear outras madeiras tropicais con coloración e densidade semellantes, procedentes de África tropical e Madagascar que, sen seren realmente caoba, adoitan chamárense “caobas africanas[4]”, e pertencen a diferentes xéneros botánicos:
- Khaya (emparentado co xénero Swietenia), como a ''Khaya ivorensis'';
- Entandrophragma, como o sapeli (Entandrophragma cylindricum).
As caobas constitúen o mellor exemplo de madeiras finas, sumamente apreciadas en ebanistaría por ser doadas de traballar, á vez que resistentes aos parasitos xilófagos (térmites, couza etc.), así coma polo seu aspecto. Ademais de polo seu peso, por ser unha madeira que resiste ben a humidade e de alta densidade, foi usada noutrora nas quillas dos barcos ao aumentar a estabilidade náutica por achegar máis lastre nas quillas que outras madeiras, máis lixeiras. Tamén se utiliza para a construción de guitarras e outros instrumentos de corda pulsada, como mandolinas, por exemplo, xa que por mor da súa densidade e resistencia á tracción é axeitada para o mastro e, polas súas cualidades de timbrado, para os aros e fondos. O 95% das guitarras de alta calidade son de caoba, aínda que nas guitarras clásicas ou españolas e outros cordófonos de primeira calidade hai décadas que caeu en desuso en favor doutras madeiras, do xénero Dalbergia, para o corpo, e Cedrela odorata para o mastro. A caoba úsase tamén para facer os cascos de instrumentos de percusión, como redobrantes e tambores de batería.