As cidades metropolitanas (en italiano: città metropolitane) son 14 entes administrativos territoriais italianos,[1] previstos polo artigo 114 da Constitución da República Italiana.[2]

Thumb
As 14 cidades metropolitanas de Italia.

Están en funcionamento desde o 1 de xaneiro de 2015.

Esta institución supón a oficialización da máis informal denominación de área metropolitana, para dotalas das competencias propias das ex provincias respectivas.

Historia

A lei orixinaria de 1990 identificaba como cidades metropolitanas as comunas de Turín, Milán, Venecia, Xénova, Boloña, Florencia, Roma, Bari, Nápoles e as súas respectivas terras circundantes, reservando ás rexións autónomas o dereito de concretar as cidades metropolitanas no seu territorio.[3] En 2009, unha emenda engadiu a Reggio de Calabria á lista.[4] As ciddes metropolitanas designadas polas rexións autónomas son: Cagliari, en Sardeña, e Catania, Messina e Palermo en Sicilia.

O 3 de abril de 2014 o Parlamento italiano aprobou unha lei que establecía 10 cidades metropolitanas en Italia.[5] excluído as das comunidades autónomas (estas catro engadíronse máis tarde).

As novas cidades metropolitanas funcionan desde o 1 de xaneiro de 2015.

Órganos de goberno

A cidade metropolitana comprende tres institucións gobernativas:

  • O Alcalde metropolitano.
  • O Consello metropolitano.
  • A Conferencia metropolitana.

A cidade metropolitana está composta polos municipios (comuni) da cidade metropolitana (ex provincia). Cada cidade metropolitana está encabezada por un alcalde metropolitano (sindaco metropolitano), a quen asiste un corpo lexislativo, o Consello metropolitano (Consiglio metropolitano) e unha asemblea non lexislativa, a Conferencia metropolitana (Conferencia metropolitana). Os membros do Consello metropolitano son elixidos polos alcaldes e concelleiros de cada municipio da cidade metropolitana. O alcalde metropolitano é elixido en eleccións nas que participan todos os habitantes da cidade metropolitana. A Conferencia metropolitana está composta polos alcaldes dos municipios da capital metropolitana.[6]

Funcións e atribucións

O artigo 18, parágrafo 7 da lei do 6 de xullo de 2012, nº 95, atribúe á cidade metropolitana:

  1. As funcións fundamentais das provincias suprimidas.
  2. As seguientes funcións fundamentais:
    1. A planificación territorial e das redes de infraestruturas.
    2. A estruturación do sistema coordinado de xestión dos servizos públicos, así como a organización dos servizos públicos de interese xeral de ámbito metropolitano.
    3. A mobilidade e o tráfico.
    4. A promoción e coordinación do gasto público e social.
  3. O patrimonio e os recursos humanos e intrumentais da provincia suprimida, dos cales a cidade metropolitana sucede a título universal en todos os activos e pasivos adscritos.
  4. Os recursos financeiros referidos aos artigos 23 e 24 da lei de 6 de maio de 2011.

Cidades metropolitanas

Cidades metropolitanas e as súas delimitaciónes previstas polo ordeamento xurídico nacional,[7] e rexiónes con estatuto especial.[8][9]

Máis información Nº, Cidade metropolitana ...
Cidade metropolitana Delimitación teritorial Poboación
(habitantes)[10]
Superficie (km2) Densidade de poboación (hab./km2)
1Roma Capitalex Provincia de Roma4 336 9155 352807
2Milánex Provincia de Milán3 190 3401 5752 016
3Nápolesex Provincia de Nápoles3 128 7021 1712 670
4Turínex Provincia de Turín2 293 3406 829336
5Palermoex Provincia de Palermo1 300 0005 009254
6Bariex Provincia de Bari1 261 0043 821329
7Cataniaex Provincia de Catania1 192 8913 852309
8Florenciaex Provincia de Florencia1 002 8313 514285
9Boloñaex Provincia de Boloña1 007 4353 514286
10Xénovaex Provincia de Xénova864 0081 839472
11Veneciaex Provincia de Venecia858 4552 462348
12Messinaex Provincia de Messina647 4773 266198
13Reggio de Calabriaex Provincia de Reggio Calabria558 9593 183175
14Cagliari17 municipios
da ex Provincia de Cagliari
431 3021 248345
Pechar

Localización das cidades metropolitanas dentro das súas rexións respectivas

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.