From Wikipedia, the free encyclopedia
A cobra de colar[1][2] ou cobra de auga de colar[2] (Natrix astreptophora) é unha cobra non velenosa da familia Colubridae, propia da Península Ibérica. Ata recentemente foi considerada unha subespecie da cobra de colar eurasiática, ou Natrix natrix.
Cobra de colar | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Natrix astreptophora (Seoane, 1885) | |||||||||||||||||||
subespecies | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
A cobra de colar é unha especie de serpe distribuída pola Península Ibérica e pola parte occidental de Francia, así como polo norte de África, nunha freita descontinua que inclúe un núcleo no norte de Marrocos (de Fez a Tánxer) e a costa alxeriana ata Tunisia[3].
Pode chegar a medir dous metros de lonxitude, pero os adultos adoitan ter arredor de 120 cm. Ten o corpo groso, a testa redondeada e os ollos de pupilas redondas. A cor é moi variable: a máis común é parda ou verde escuro, aínda que poden aparecer dende cor gris ata negro; coa parte inferior do corpo máis clara. Presenta manchas negras. Algúns individuos teñen un colar característico de cor amarela ou alaranxada. É unha especie de vida diúrna que se alimenta de anfibios (especialmente de ras e sapos), e pode chegar a cazar pequenos mamíferos e peixes. As femias son meirandes que os machos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.