Donato Bramante
From Wikipedia, the free encyclopedia
Donato d'Augnolo,[1] Donato dei Pascuccio d'Antonio[2] ou Donato dei Angelo dei Antonio, coñecido como Bramante e Bramante Lazzari,[1][3] nado en Fermignano, no Ducado de Urbino, en 1443 ou 1444[4] e finado en Roma o 11 de marzo de 1514,[5] foi un pintor e arquitecto italiano que introduciu o estilo do Primeiro Renacemento en Milán e o Alto Renacemento en Roma, onde a súa obra máis famosa foi o proxecto da basílica de San Pedro.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1444 (Gregoriano) Fermignano (Ducado de Urbino) |
Morte | 11 de abril de 1514 (69/70 anos) Roma (Estados Pontificios) |
Actividade | |
Campo de traballo | Arquitectura e pintura |
Ocupación | arquitecto , pintor , enxeñeiro |
Movemento | Alto Renacemento |
Lingua | Lingua italiana |
Obra | |
Obras destacables
|
Pechar
Tivo unha formación quattrocentista pero a súa plenitude artística alcanzouna no século XVI. A súa arquitectura está caracterizada pola severidade e o uso de planta central cuberta con cúpula.