![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e2/El_Capricho_Gaud%25C3%25AD_02.jpg/640px-El_Capricho_Gaud%25C3%25AD_02.jpg&w=640&q=50)
El Capricho (Gaudí)
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Vila Quijano, popularmente coñecida como El Capricho, é un edificio modernista situado na localidade cántabra de Comillas. Foi proxectado por Antoni Gaudí e construído entre 1883 e 1885 baixo a dirección de Cristóbal Cascante, axudante do arquitecto reusense, por encargo do indiano Máximo Díaz de Quijano. É unha das poucas obras que Gaudí proxectou fóra de Cataluña.
El Capricho | |
---|---|
![]() | |
Edificio | |
Estilo | Modernista |
Enderezo | Barrio de Sobrellano, s/n |
Localización | Comillas ![]() |
Coordenadas | 43°23′01″N 4°17′34″O |
Uso(s) | Chalé |
Construción | |
Inicio | 1883 |
Remate | 1885 |
Dimensións | |
Altura | 20 m |
Superficie | 720 m² |
Plantas | 3 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Antoni Gaudí |
[ editar datos en Wikidata ] |
Esta obra pertence á etapa orientalista de Gaudí (1883-1888), período en que o arquitecto realizou unha serie de obras de marcado gusto oriental, inspiradas na arte do Próximo e Extremo Oriente (India, Persia, Xapón), así como na arte islámica hispánica, principalmente o mudéxar e nazarí. Gaudí empregou con gran profusión a decoración en azulexo cerámico así como os arcos mitrais, cartelas de ladrillo visto e remates en forma de templete ou cúpula.[1]
O edificio caeu no abandono trala Guerra Civil, estado no que seguiu a pesar da súa declaración como Ben de Interese Cultural en 1969. En 1977 a última descendente dos López-Díaz de Quijano, Pilar Güell Martos, vendeu a propiedade ao empresario Antonio Díaz quen o restaurou en 1988 e converteu nun restaurante. En 1992 foi comprado polo grupo xaponés Mido Development. Por último, en 2009, o edificio converteuse en museo.