Enric Sagnier
arquitecto español / From Wikipedia, the free encyclopedia
Enric Ferran Josep Lluís Sagnier i Villavecchia, marqués de Sagnier, nado en Barcelona o 21 de marzo de 1858, e finado ibídem o 1 de setembro de 1931,[1] foi un arquitecto catalán. A maioría das súas obras atópanse en Barcelona. Autor prolífico, foi posiblemente o arquitecto con maior número de construcións na cidade condal (preto de 300 edificios documentados).[2] Sagnier foi un arquitecto ben relacionado coas clases dirixentes barcelonesas, das cales recibiu varias encargas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de marzo de 1858 Barcelona, España |
Morte | 1 de setembro de 1931 (73 anos) Barcelona, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona Centre educatiu privat Maristes Valldemia (en) |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto |
Membro de | |
Movemento | Modernismo catalán |
Lingua | Lingua castelá e lingua catalá |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Josep Maria Sagnier (pt) , Manuel Sagnier Vidal (pt) , Ignasi Sagnier Vidal (en) |
Pai | Lluís Sagnier i Nadal (en) |
Irmáns | Joaquim Sagnier i Villavecchia (pt) |
Parentes | Josep Maria Sagnier i Sanjuanena (en) (sobriño) Guillem Cavestany i Sagnier (pt) (sobrinho-neto (pt) ) José Vidal Ribas (sogro) |
De estilo ecléctico cunha certa tendencia clasicista, estivo preto do modernismo de moda na época na capital catalá, pero interpretándoo dun xeito sobrio e funcional. A súa principal fonte de inspiración é a arquitectura medieval, sobre todo románica e gótica. En troques, non foi proclive a estilos exóticos daquela de moda, como o neomudéxar ou os estilos árabes e orientais.[3] Pódese distinguir a súa traxectoria en tres etapas: antes de 1900 traballa cun estilo ecléctico, monumental e grandilocuente; de 1900 a 1910 achégase máis ó modernismo, o que se percibe nun maior sentido decorativo da súa obra nestas datas, con especial influencia da arte rococó; e dende 1910 mantén un estilo clasicista de influencia francesa, afastado das modas do momento.[4]