From Wikipedia, the free encyclopedia
Os espazos naturais de interese local (ENIL)[1] e os espazos privados de interese natural (EPIN)[2] son figuras de protección de espazos naturais públicos e privados recoñecidos polo goberno galego. Son espazos naturais, que pola súa fauna ou flora, hábitats ou interese locais de conservación, os concellos, mancomunidades ou propietarios particulares lle propoñen ao goberno galego para a súa declaración acompañados dun plano de conservación. Se o goberno avalía como válido o plano de actuacións decláranse o ENILs ou EPINs. O goberno galego vela polo cumprimento dos compromisos de conservación que as entidades públicas ou privadas adquiriron. Porén, estes espazos non forman parte da rede galega de espazos naturais.[3][4]
O sistema de dunas das praias de América e Panxón, en Panxón, Nigrán, declaráronse en 2014 como de interese local. É un espazo natural de 3,58 ha. que salvagarda ás dunas das praias.[1]
As illas de San Pedro, en Visma, A Coruña foron declaradas como de interese local en 2020.[5] Estas illas miden 10.40 ha e atópanse en fronte do monte de San Pedro, na cidade da Coruña.[1]
O espazo natural de Loio-Ruxidoira atópase no río Loio do encoro de Belesar en Paradela. Ocupa 437 ha. e foi declarado en 2013 de interese local.[1]
O Puzo do Lago está no Lago, Maside. Este espazo natural abrangue un lago e a súa contorna. Ocupa 30.6 ha. e foi declarado en 2014.[1]
As ribeiras do Mero-Barcés é un espazo natural que abrangue as cuncas do río Barcés, Gobia e Mero ao seu paso por Abegondo. O ENIL abrangue as cabeceiras dos río Mero antes da súa chegada ao encoro de Abegondo - Cecebre, que está declarado como zona especial de conservación (ZEC).[1]
O río dos Gafos están en Pontevedra, entre Cabanas e Lusquiños. Este ENIL ocupa 49,80 ha das ribeiras deste río pontevedrés.[1] Foi declarado oficialmente en 2019.[6]
Voutureira atópase en Soutopenedo, San Cibrao das Viñas. Este espazo natural ocupa 183,78 ha. e declarouse en 2008.[1]
Xunqueira de Alba acolle estas ribeiras da cidade de Pontevedra. Ocupa 67 ha. e foi declarado como ENIL en 2012.[1]
As sobreiras do Faro son un espazo privado que se atopa en Viladesuso, Oia. Este espazo é propiedade dunha mancomunidade local de Viladesuso que ten propiedades nos montes de Faro e Pousiño. É o único EPIN galego e foi declarado en 2011.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.