Estación de Barcelona-Sants
estación de ferrocarril en Barcelona / From Wikipedia, the free encyclopedia
Barcelona–Sants é a principal estación de ferrocarril de Barcelona e Cataluña. Foi inaugurada en 1979 e é a primeira estación de España en percorridos internacionais. É a segunda estación de España, tras a de Madrid-Atocha cun volume de viaxeiros próximo aos 30 millóns anuais dos cales algo máis de 18 millóns correspóndense co tráfico de proximidades.[1]
Exterior da estación dende a praza dos Països Catalans | |
Situación | Barcelona |
Servizos | |
Liñas | |
Alta velocidade | AVE, Avant |
Longa Distancia | Alaris, Alvia, Estrella, Euromed, Talgo, Trenhotel |
Media distancia | |
Cercanías | |
Intermodalidade | |
Metro | |
Bus | 27, 30, 32, 43, 44, 78, 109, 115, A1 |
Os seus traxectos de Longa e Media Distancia, usando tanto a rede convencional como a rede de alta velocidade conectan Barcelona con destinos nacionais e internacionais. Concentra o maior tráfico de proximidades da cidade ao confluír nela as liñas R1, R2, R3 e R4 da rede de Rodalies.
A estación, propiedade de Adif, atópase no distrito de Sants-Montjuïc, con entrada pola praza dos Països Catalans (ao sur) e a praza Joan Peiró (ao norte). Conta con dúas plantas, unha baixa e outra subterránea. Sobre a estación hai construído un hotel da cadea Barceló, e xunto á praza Joan Peiró hai dársenas de autobuses.