Festival de Eurovisión 2013
From Wikipedia, the free encyclopedia
O LVIII Festival da Canción de Eurovisión celebrouse os días 14, 16 e 18 de maio de 2013 na cidade de Malmö, Suecia, tras a vitoria deste país na edición de 2012 coa canción "Euphoria", interpretada por Loreen.[6] O festival tivo lugar no Malmö Arena. Por primeira vez desde 1995, o festival estivo conducido por unha única presentadora, Petra Mede.[7] Mede contou co apoio do cantante Eric Saade como entrevistador nas conexións coa chamada «Green room» ('Salón verde'), o lugar onde os artistas participantes seguen o desenvolvemento do festival logo de actuar.[8]
Festival de Eurovisión 2013 "We are one" | |
---|---|
Datas | |
Semi-final 1 | 14 de maio |
Semi-final 2 | 16 de maio |
Final | 18 de maio |
Anfitrión | |
Lugar | Malmö Arena Malmö, Suecia |
Presentador(es) | Petra Mede[1] Eric Saade (en Green Room) |
Supervisor executivo | Jon Ola Sand |
Participantes | |
Participantes | 39 |
Países que retornan | Armenia |
Países que se retiran | Bosnia e Hercegovina[2] Eslovaquia[3] Portugal [4] Turquía[5] |
Mapa
| |
Votacións | |
Canción gañadora | "Only Teardrops", Emmelie de Forest Dinamarca |
Festival de Eurovisión | |
◄2012 2014► |
39 países participarán no evento como representantes das cadeas televisivas nacionais pertencentes á Unión Europea de Radiodifusión. Bosnia e Hercegovina, Eslovaquia, Portugal e Turquía anunciaron a súa retirada desta edición. Por outra parte, Armenia regresou ao concurso tras unha paréntese en 2012.[9] O slogan desta edición foi "We Are One" (Somos un) e está acompañado por un grafismo identificativo, unha bolboreta, que é o seu logotipo.[10]
A gañadora do concurso foi Emmelie de Forest, quen representou a Dinamarca co tema "Only teardrops". A canción danesa, que xa ganara a primeira semifinal, obtivo 281 puntos, superando á gañadora da segunda semifinal, a canción de Acerbaixán interpretada por Farid Mammadov, que obtivo 234 puntos. No terceiro lugar quedou Zlata Ohnevych, a representante de Ucraína, con 214 puntos. Países Baixos pasou por primeira vez a unha semifinal desde 2004, rompendo o récord de anos sen participar nunha final, e ademais obtivo o seu mellor resultado desde 1999 (9º lugar). San Marino obtivo o seu mellor resultado histórico, aínda que quedou ás portas de lograr a súa primeira clasificación a unha final. Tamén, foi a primeira edición que non contou cun representante da antiga Iugoslavia na final desde a súa disgregación.