FIBA SuproLeague
From Wikipedia, the free encyclopedia
A FIBA SuproLeague ou Suproliga foi unha competición baloncesto de Europa organizada por FIBA Europa durante a tempada 2000-01 despois da excesión da ULEB, que organizou ese mesmo ano a Basketball Euroleague. Entón, ese mesmo ano algúns equipos decidiron participar nesta competición e outros na Euroliga. Na Suproliga participaron vinte equipos de catorce estados distintos.
Tipo | Euroleague Basketball |
---|---|
Deporte | baloncesto |
Organizador | Federación Internacional de Baloncesto |
Número de participantes | 24 |
Localización e Datas | |
Período de tempo | tempada 2000-2001 |
Número de edición | XLIV |
Datos estatísticos | |
Puntos por partido | Miroslav Berić (en) |
Outro | |
Páxina web oficial | fibaeurope.com… |
En canto a competición, os catro mellores equipos, foron o Maccabi israelí, o CSKA ruso, o Panathinaikos BSA grego e o Efes Pilsen turco, nunha Final Four disputada no Palais Omnisports de Bercy en París, capital de Francia. Finalmente proclamouse campión o equipo israelí tras vencer na final por catorce puntos de diferenza, 81 a 67, ao Panathinaikos de Atenas.
O título da Suproliga obtido nesta competición polo Maccabi de Tel Aviv considérase igual de válido que o obitido pola Kinder Bologna na edición da Euroliga, polo que en 2001 houbo dous campión oficiais de Europa.