Festival de Eurovisión 2014
From Wikipedia, the free encyclopedia
O LIX Festival da Canción de Eurovisión tivo lugar os días 6, 8 e 10 de maio de 2014 no B&W Hallerne, na cidade de Copenhaguen, Dinamarca trala vitoria deste país na edición do 2013 coa canción "Only teardrops" de Emmelie de Forest. O festival celebrouse no B&W Hallerne, un vello estaleiro que foi reconvertido en sala de concertos, situado na illa de Refshaleøen.
Festival de Eurovisión 2014 Join Us | |
---|---|
Datas | |
Final | 6, 8 e 10 de maio |
Anfitrión | |
Lugar | B&W Hallerne Copenhague, Dinamarca |
Presentador(es) | Lise Rønne Nikolaj Koppel Pilou Asbæk[1] |
Supervisor executivo | Jon Ola Sand |
Televisión anfitrioa | |
Acto(s) intermedio(s) | Semifinal 1: Emmelie de Forest xunto a un coro de nenos cantando Only Teardrops tema ganador da edición de 2013 Semifinal 2: |
Participantes | |
Participantes | 37 |
Países que retornan | Polonia[8] Portugal[9] |
Países que se retiran | Bulgaria[10] Chipre[11] Croacia[12] Serbia |
Mapa
| |
Votacións | |
Canción gañadora | Rise like a Phoenix, Conchita Wurst Austria |
Festival de Eurovisión | |
◄2013 2015► |
37 países participaron no evento como representantes de cadeas de televisión nacionais pertencentes a Unión Europea de Radiodifusión. Bulgaria, Chipre, Croacia e Serbia anunciaron a súa retirada temporal a partir desta edición. Ademais, a Polonia e Portugal volveron á competición tras un hiato. O lema do festival foi "Join Us" (Únete a nós en galego). Finalmente alzouse coa vitoria a canción Rise like a phoenix da austríaca Conchita Wurst.
Un acontecemento importante desta edición foi a asistencia da familia real dinamarquesa durante as semifinais e a final do sábado, asistindo en calidade de invitados. Entre os asistentes estiveron o príncipe herdeiro á coroa Federico de Dinamarca e a princesa María, ambos en compañía dos seus fillos.[13][14][15]