From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gran Premio de Abu Zabi de 2014 (oficialmente o Etihad Airways Gran Premio de Abu Zabi de Fórmula 1 de 2014) foi a décimo novena e última proba da tempada de 2014 e o sexto Gran Premio de Abu Zabi. Disputouse o 23 de novembro de 2014 no Circuíto de Yas Marina na Illa Yas, unha illa nos arredores de Abu Zabi nos Emiratos Árabes Unidos. Foi a sexta edición do Gran Premio de Abu Zabi.
Nome oficial | 2014 Formula 1 Etihad Airways Abu Dhabi Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Abu Zabi |
Deporte | deportes de motor |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014 |
Distancia do evento | 55 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Yas Marina 24°28′13″N 54°36′22″L |
Lonxitude | 5,554 km |
País | Emiratos Árabes Unidos |
Data | 23 de novembro de 2014 e 2014 |
Competición | |
Primeiro posto | Lewis Hamilton |
Pole position | Nico Rosberg |
Volta máis rápida | Daniel Ricciardo |
Por primeira vez nun Gran Premio, equipos e pilotos puntuarán o dobre da cantidade de puntos outorgados habitualmente polas posicións de final de carreira.[1] A FIA introduciu este cambio co fin de manter o interese do campionato ata o final da tempada. Orixinalmente Bernie Ecclestone quería o dobre de puntos para as tres últimas carreiras da tempada,[2] pero en última instancia os equipos decidiron puntuar dobre só na última carreira da tempada.
Este cambio de regra produciuse pese a que o presidente de Ferrari Luca dei Montezemolo dixo que a regra era "demasiado artificial",[3] o propietario de Caterham F1 Tony Fernandes dixo que a regra era "unha solución falsa" polos recentes problemas financeiros na F1,[4], Adrian Newey afirmou que a regra era "abaratar a F1",[5], Toto Wolff dixo que a norma é "inxusta",[6] o xefe de Force India Vijay Mallya cualificou á regra de "ilóxica" para a F1,[7] e Lewis Hamilton dixo que a norma "podería desvirtuar a resolución do título" entre el e Nico Rosberg.[8]
Marussia non competirá no Gran Premio logo de que o intento de salvar ao equipo fracasara a semana antes do Gran Premio do Brasil, que obrigou a pechar o equipo.[9] Fíxose un último intento para tratar de correr en Abu Zabi, os rumores eran que estaban buscando un investidor potencial. Pero, as negociacións fracasaron, poñendo fin ás súas posibilidades de volver á grella.[10]
Fronte a unha situación financeira similar, Caterham lanzou unha campaña de crowdsourcing para asistir á carreira, o que finalmente resultou un éxito e lograron regresar para a última carreira da tempada, co que a grella contara con 20 coches.[11][12] Malia que Caterham conservará a Kamui Kobayashi para a carreira,[13] Marcus Ericsson rescindiu o seu contrato con Caterham unha semana e media antes da carreira, o que obrigou a Caterham a contratar outro piloto.[14] O gañador das 24 Horas de Le Mans André Lotterer, quen tamén pilotou para Caterham no Gran Premio de Bélxica de 2014, foi o primeiro candidato, pero rexeitou a oferta.[15] Will Stevens, expiloto de probas de Caterham, pilotara a unidade e fará o seu debut na Fórmula Un.[16]
Por primeira vez desde que Pirelli converteuse no único provedor de pneumáticos, fornecerá o pneumático brando con bandas amarelas como o Prime, mentres que o super brando con bandas vermellas será a elección Option para esta carreira. As tres tempadas anteriores utilizáronse os pneumáticos brandos e medios.
Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Q3 | Grella |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 6 | Nico Rosberg | Mercedes | 1:41.308 | 1:41.459 | 1:40.480 | 1 |
2 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:41.207 | 1:40.920 | 1:40.866 | 2 |
3 | 77 | Valtteri Bottas | Williams-Mercedes | 1:42.346 | 1:41.376 | 1:41.025 | 3 |
4 | 19 | Felipe Massa | Williams-Mercedes | 1:41.475 | 1:41.144 | 1:41.119 | 4 |
5 | 26 | Daniil Kvyat | Toro Rosso-Renault | 1:42.302 | 1:42.082 | 1:41.908 | 5 |
6 | 22 | Jenson Button | McLaren-Mercedes | 1:42.137 | 1:41.875 | 1:41.964 | 6 |
7 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 1:42.439 | 1:42.168 | 1:42.236 | 7 |
8 | 14 | Fernando Alonso | Ferrari | 1:42.467 | 1:41.940 | 1:42.866 | 8 |
9 | 20 | Kevin Magnussen | McLaren-Mercedes | 1:42.104 | 1:42.198 | 9 | |
10 | 25 | Jean-Eric Vergne | Toro Rosso-Renault | 1:42.413 | 1:42.207 | 10 | |
11 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 1:42.654 | 1:42.239 | 11 | |
12 | 27 | Nico Hülkenberg | Force India-Mercedes | 1:42.444 | 1:42.384 | 12 | |
13 | 99 | Adrian Sutil | Sauber-Ferrari | 1:42.746 | 1:43.074 | 13 | |
14 | 8 | Romain Grosjean | Lotus-Renault | 1:42.768 | 18[17] | ||
15 | 21 | Esteban Gutiérrez | Sauber-Ferrari | 1:42.819 | 14 | ||
16 | 13 | Pastor Maldonado | Lotus-Renault | 1:42.860 | 15 | ||
17 | 10 | Kamui Kobayashi | Caterham-Renault | 1:44.540 | 16 | ||
18 | 46 | Will Stevens | Caterham-Renault | 1:45.095 | 17 | ||
EX | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull-Renault | 1:42.204 | 1:41.692 | 1:41.267 | 19[18] |
EX | 1 | Sebastian Vettel | Red Bull-Renault | 1:42.495 | 1:42.147 | 1:41.893 | 20[18] |
107% tempo: 1:48.291 | |||||||
Fonte:[19] | |||||||
Pos. | Nº | Piloto | Construtor | voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 55 | 1:39:02.619 | 2 | 50 |
2 | 19 | Felipe Massa | Williams-Mercedes | 55 | +2.576 | 4 | 36 |
3 | 77 | Valtteri Bottas | Williams-Mercedes | 55 | +28.880 | 3 | 30 |
4 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull-Renault | 55 | +37.237 | PL | 24 |
5 | 22 | Jenson Button | McLaren-Mercedes | 55 | +1:00.334 | 6 | 20 |
6 | 27 | Nico Hülkenberg | Force India-Mercedes | 55 | +1:02.148 | 12 | 16 |
7 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 55 | +1:11.060 | 11 | 12 |
8 | 1 | Sebastian Vettel | Red Bull-Renault | 55 | +1:12.045 | PL | 8 |
9 | 14 | Fernando Alonso | Ferrari | 55 | +1:25.813 | 8 | 4 |
10 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 55 | +1:27.820 | 7 | 2 |
11 | 20 | Kevin Magnussen | McLaren-Mercedes | 55 | +1:30.376 | 9 | |
12 | 25 | Jean-Eric Vergne | Toro Rosso-Renault | 55 | +1:31.947 | 10 | |
13 | 8 | Romain Grosjean | Lotus-Renault | 54 | +1 volta | 18 | |
14 | 6 | Nico Rosberg | Mercedes | 54 | +1 volta | 1 | |
15 | 21 | Esteban Gutiérrez | Sauber-Ferrari | 54 | +1 volta | 14 | |
16 | 99 | Adrian Sutil | Sauber-Ferrari | 54 | +1 volta | 13 | |
17 | 46 | Will Stevens | Caterham-Renault | 54 | +1 volta | 17 | |
Ret | 10 | Kamui Kobayashi | Caterham-Renault | 42 | Retirado | 16 | |
Ret | 13 | Pastor Maldonado | Lotus-Renault | 26 | Unidade de potencia | 15 | |
Ret | 26 | Daniil Kvyat | Toro Rosso-Renault | 14 | Unidade de potencia | 5 |
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.