Jenson Button

piloto inglés de Fórmula 1 From Wikipedia, the free encyclopedia

Jenson Button
Remove ads

Jenson Alexander Lyons Button (Jenson Button), MBE nado en Frome o 19 de xaneiro de 1980, é un piloto inglés de Fórmula 1. Reside en Bicester, pero tamén pasa temporadas en Mónaco. Na tempada 2016 pilota para McLaren. Foi o Campión do Mundo na tempada 2009, pilotando un Brawn GP.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Button comezou no karting á idade de oito anos con grande éxito, antes de pasar ás carreiras de coches no Campionato británico de Fórmula Ford e na Fórmula 3 británica. A súa primeira aparición na Fórmula Un foi con Williams F1 na tempada 2000. Ao ano seguinte cambiouse a Benetton, que en 2002 converteuse en Renault, e logo para a tempada 2003 trasladouse a BAR. Na tempada 2004 terminou terceiro no Campionato de Mundo de Pilotos, con só os dous Ferrari por diante del. BAR foi rebautizado posteriormente como Honda Racing para a tempada 2006, na que Button gañou o seu primeiro Gran Premio en Hungría, logo de 113 carreiras.[1]

Trala retirada de Honda do deporte en decembro de 2008, quedándose sen coche para a tempada 2009, ata que Ross Brawn encabezou a Management buyout (compra dunha empresa polos seus directivos) do equipo en febreiro de 2009, e Button atopouse de súpeto nun altamente competitivo coche con motor Mercedes. Logo pasou a igualar a marca de gañar seis das sete primeiras carreiras da tempada 2009, asegurándose o Campionato do Mundo no Gran Premio do Brasil, liderando os puntos durante toda a tempada, o seu éxito tamén axudou a Brawn GP para asegurar o Campionato do Mundo de construtores.

en 2010, trasladouse a McLaren, en asociación co tamén piloto británico e ex campión do mundo Lewis Hamilton. Logo de terminar quinto en 2010, Button terminou a tempada 2011 como subcampión. En 2012 logrou a súa primeira pole para McLaren no Gran Premio de Bélxica de 2012. Das 289 carreiras que Button comezou gañou 15, cun total de 50 podios.

Remove ads

Infancia e primeiros anos

Button naceu o 19 de xaneiro de 1980 en Frome, Somerset e criouse na cercan Vobster.[2] Chamárono así polo amigo e rival do seu pai nas carreiras de rallycross, o danés Erling Jensen, cambiando o "e" por un "o" para diferencialo de Jensen Motors.[3] Foi educado na escola primaria de Vallis, Selwood Middle School e no Frome Community College.[4] é o cuarto fillo da surafricana Simone Lyons e o expiloto de Rallycross John Button, que era ben coñecido no Reino Unido durante a maior parte da década de 1970 polo seu Volkswagen Escaravello, antes de cambiar a un VW Golf Mk1 en 1978. Despois de que os seus pais se divorciaran cando tiña sete anos, xunto as súas tres irmás máis vellas foron criados pola súa nai en Frome.[3] Non aprobou o seu primeiro exame de conducir por achegarse demasiado a un vehículo estacionado.[4]

Xa con 8 anos, e co apoio de seu pai John (que lle regalou por Reis un kart), corría nos circuítos de karting; tampouco lle importou perde-las clases de escola por viaxar por todo o mundo. Dende o ano 1989 até o ano 1997 debutou en karting, no que conseguiu algúns premios: O Campionato Británico de Cadetes de Karting no 1991 (con 34 carreiras); seguíronlle 3 veces campión no Aberto Británico de Karting (e algúns campionatos máis ata conformar 8 premios); no 1995 faise co título de ICA Senior Italiano; tamén nese ano recaeu na súas mans o título de Campión Europeo de Super Kart. Unha viaxe ao Xapón permítelle a Jenson participar no Ayrton Senna Memorial Cup, no que entra coma piloto axeitado tras unha asombrosa carreira de karting. A súa capacidade para aprenderse os circuítos é admirable e o seu desexo de vitorias, insaciable. Ten un bo control do volante e unha boa dose de sangue frío. As 50 veces que tivo que estar no podio durante a súa etapa en 1998 na Fórmula Ford é un exemplo; compre citar por dicir algo, pilotando para Haywood Racing consegue no Ultra-Competitivo Campionato Británico unhas 9 vitorias; as carreiras de Europa levan a este piloto a poñerse no segundo posto do Campionato Europeo; e un triunfo fai redondea-lo ano no Festival da F3 de Ford.

Despois, seguiu mostrando o seu potencial na Fórmula Ford e na Fórmula 3000. Pero o que máis sorprende deste piloto é que se subiu ao máis alto rompendo tódalas marcas de xuventude. No recoñecemento o talento especial chégalle a concesión do prestixioso título de Novo Piloto do Ano, promovido pola McLaren Autosport BRDC a finais do 1998.

Tivo a sorte, lóxica, de subir até a Fórmula 1 cando no novembro do 1999 toma a pista cun McLaren MP4/13, semanas máis tarde , nunha proba para o equipo da Prost, Jenson derrota o experimentado Jean Alesi; xa que a xente importante deuse conta nada máis velo de que era un auténtico prodixio.

Remove ads

Andaina na Fórmula Un

Williams (2000)

Na tempada 2000, con 20 anos era o piloto máis novo da grella, finalizou oitavo (12 puntos) no Campionato de Pilotos, pero demostrou que Jenson era un piloto con condicións, ao superar en varias ocasións ao seu compañeiro de equipo Ralf Schumacher. Os seus mellores resultados da tempada foron un cuarto lugar no Gran Premio de Alemaña e unha quinta posición en Bélxica. Malia iso, as prestacións non foron as esperadas.

Benetton (2001)

Thumb
Button no Gran Premio de Francia de 2001 pilotando para Benetton.

En 2001, Button asociouse co experimentado piloto Giancarlo Fisichella en Benetton, que fora comprado por Renault. Fixo unha tempada pésima: o coche Benetton non era moi competitivo e foi superado constantemente polo seu compañeiro de equipo.[5] Terminou o campionato de pilotos con só 2 puntos, o seu mellor resultado foi o quinto posto no Gran Premio de Alemaña de 2001.[6] A súa pobre forma levou a especulacións de que sería substituído antes de que finalizara o ano. O director do equipo Flavio Briatore dixo: "Ou mostra que é super bo ou deixa o chanzo máis alto dos pilotos",[7] e ao parecer ofreceulle a oportunidade de demostralo.[8] Button cre que mostrou a súa inexperiencia por esforzarse en axudar ao seu equipo a crear un coche competitivo.[8] A súa falta de éxito combinado cun estilo de vida extravagante levou a algunhas publicacións de prensa consideralo un "playboy".[9][10]

Tamén estivo tentado avolver para Williams, pero o equipo xa tiña a praza ocupada por Juan Pablo Montoya.

Renault (2002)

Thumb
Button no Gran Premio do Reino Unido de 2002

En 2002, Benetton foi renomeado como Renault F1 e Jarno Trulli uniuse ao equipo como parella de Button. Durante as vacacións de inverno, Button pasou moito tempo traballando co seu equipo de enxeñeiros e sentiu que mellorara a comprensión entre eles, describiuse como "moi confiado" para a tempada.[7] Empezou ben, na segunda carreira da tempada en Malaisia, estaba en camiño ao seu primeiro podio antes de que un problema na suspensión nas últimas voltas deixarao no cuarto lugar.[11] As actuacións de Button melloraron en gran medida en comparación coa anterior tempada, aínda que a miúdo opacado por Trulli, mostrou un ritmo de carreira máis rápido para superar á súa máis experimentado compañeiro de equipo.[12] Malia as actuacións de Button, e o seu desexo de permanecer con Renault,[13] anunciouse no Gran Premio de Francia que ía se substituído en 2003 polo piloto de probas Fernando Alonso. Briatore recibiu críticas pola súa decisión, pero afirmou que "o tempo dirá se estou equivocado",[14] tamén acusaría a Button de ser un "playboy lacazán".[15] En xullo, Button asinou un contrato de dous anos cunha opción de dous anos máis con British American Racing, xunto ao campión do mundo de 1997 Jacques Villeneuve.[16] Un factor importante na súa decisión foi a oportunidade de traballar con David Richards, o director do equipo BAR. Finalizou a tempada sétimo con 14 puntos, un lugar e 5 puntos por diante de Trulli.[17]

BAR (2003–2005)

2003

Button enfrontouse á hostilidade do seu novo compañeiro de equipo Villeneuve, quen suxeriu que Button fora contratado polo seu atractivo comercial máis que pola súa capacidade, e en comparación era un "membro dunha banda de mozos". Button respondeu negando que tivese algo que demostrar a Villeneuve; "Eu non estou aquí para gañar o respecto de Jacques, eu estou aquí para gañar e levar ao equipo cara a adiante".[18] A súa relación non mellorou logo do primeiro Gran Premio en Australia: Villeneuve debía entrar en boxes, pero aguantou unha volta extra e entrou cando debía facelo Button, deixándoo a espera na rúa de boxes mentres o coche de Villeneuve era atendido. Villeneuve botou a culpa aos "problemas de radio", pero Button e o director do equipo David Richards deron a entender que non lle creron.[19] Button obtivo bos resultados nas primeiras seis carreiras, anotando oito puntos (o sistema de puntos cambiara ese ano para outorgar puntos aos oito primeiros clasificados), incluíndo o cuarto lugar no Gran Premio de Austria, Villeneuve só anotara tres.[20] Button estrelouse con forza a 298 km/h durante os adestramentos do sábado en Mónaco, quedando brevemente inconsciente, e quedou hospital durante a noite.[21] Malia ao accidente Button aínda quería participar, pero foi retirado polo seu equipo de atención médica.[22] Tamén se perdeu unha proba dun día en Monza, pero puido participar na seguinte carreira o Gran Premio en Montreal.[23] Button continuou superando ao seu compañeiro de equipo (aínda que Villeneuve sufriu un gran número de problemas mecánicos), e isto axudou a reconstruír a súa reputación.[24] Xusto antes da carreira final en Xapón, Villeneuve perdeu o seu asento no BAR, así que Button asociouse con Takuma Sato,[25] logrou o seu segundo cuarto posto da tempada, e terminou noveno no campionato de pilotos con 17 puntos.[26]

Thumb
Button ao volante do BAR no Gran Premio dos Estados Unidos de 2004

2004

A tempada 2004 foi a primeira na que Button era o piloto máis experimentado do seu equipo. Era ambicioso para a tempada, dicindo: "... Este ano podería ser favorito. Queremos correr á beira dos mellores equipos. Quero ser consistente nos puntos e no podio"[27] Logrou o seu primeiro podio na segunda carreira da tempada, terceiro lugar no Gran Premio de Malaisia, dicindo despois "Non hai palabras para describir a sensación do primeiro podio".[28] Seguiuno dúas semanas máis tarde outro terceiro lugar en Bahrain. Na seguinte carreira en Imola, logrou a súa primeira pole e terminou segundo detrás de Michael Schumacher.[29] Os seus resultados na tempada foron impresionantes: logrou 10 podios en 18 carreiras, e non puido anotar puntos en só tres.[30] Button foi terceiro no campionato de pilotos, detrás dos dous pilotos dominantes de Ferrari, e axudou a BAR a lograr o segundo lugar no Campionato de Construtores.

En agosto, Button viuse envolvido nunha disputa contractual. O 5 de agosto, Button optou por deixar BAR e asinou un contrato de dous anos para volver a Williams.[31] Isto foi sorprendente, xa que Button estaba gozando da súa mellor tempada ata a data, mentres que Williams tivera problemas[32] BAR, con todo, insistiu en que tiñan o dereito de exercer a súa opción para manter a Button. Button argumentou que a opción de BAR non era válido porque contiña unha cláusula que permitíalle irse se BAR perdía os seus motores Honda. Pensaba que o novo contrato asinado no verán con Honda para fornecer motores a BAR non era definitivo, e polo tanto Button era libre para marchar.[32][33] A disputa pasou á Xunta de Recoñecemento de Contratos da Fórmula Un, que fallou a favor de BAR o 20 de outubro, obrigando a Button a quedar co equipo. Dous dos homes no centro da disputa retiráronse pronto dos seus cargos, o director do equipo David Richards foi substituído por Nick Fry logo de que Honda comprara o 45 por cento da empresa BAR,[34] e Button separouse do seu preparador John Byfield, dicindo que fora mal asesorado.[35]

2005

Malia a inimizade, Button insistiu en que tiña o apoio do seu equipo,[36] e mostrouse optimista para a tempada 2005.[37] soportou un comezo difícil, BAR estaba fóra de ritmo na primeira carreira en Australia,[38] e na seguinte carreira en Malaisia, os dous coches retiráronse cun fallo de motor logo de só tres voltas.[39] Dúas semanas máis tarde no Gran Premio de Bahrain, Button avanzou ata a cuarta praza desde a undécima posición da grella, antes de que un problema de embrague obrigáralle a outra retirada.[40] O mal comezo só empeorou no Gran Premio de San Mariño de 2005. Button terminou terceiro, pero despois os comisarios da carreira atoparon que o seu coche tiña un segundo tanque de combustible agochado no interior do depósito principal; unha vez que ambos foron drenados, o seu coche tiña 5,4 kg de peso menos do mínimo esixido. Aínda que os comisarios non tomaron ningunha acción, a FIA apelou contra a decisión e o caso foi examinado polo Tribunal Internacional de Apelación da FIA.[41] Non se puido probar que BAR estaba enganando deliberadamente; pero, por infracción das regras, os dous pilotos foron desposuídos dos puntos de San Marino e prohibíuselles participar nas dúas seguintes carreiras.[42][43]

Thumb
Button no Gran Premio do Canadá de 2005, onde logrou a pole position

Volveu no Gran Premio de Europa de 2005, BAR seguía loitando e Button terminou décimo[44] Sorprendeu a todos ao lograr a segunda pole position da súa carreira en Montreal,[45], pero estrelouse na volta 47 da carreira cando ía terceiro.[46] A retirada forzosa de todos os equipos que utilizaban pneumáticos Michelin, incluíndo BAR, no polémico Gran Premio dos Estados Unidos de 2005, significaba que Button e Sato aínda non sumaran puntos logo de nove carreiras dunha tempada de 19 carreiras.[47] Con todo, isto marcou un punto de inflexión, Button puntuou en todas as carreiras que quedaban. Estivo no podio dúas veces na tempada, dous terceiros postos en Alemaña e Bélxica.[48] Terminou a tempada no noveno lugar[49] con BAR sexto no Campionato de Construtores.[50]

Por segundo ano consecutivo, Button tivo disputas contractuais entre BAR e Williams. Button asinara un precontrato para pilotar para Williams en 2006, pero agora cría que as súas perspectivas serían mellores en BAR, e que o seu contrato con Williams non era vinculante.[51] Frank Williams insistiu en que o contrato era plenamente vinculante, e que "absolutamente non hai volta atrás"; o seu equipo requiriu a Button para cumprir con algunhas obrigacións contractuais cos patrocinadores.[52] Logo de varias semanas de conversacións, Williams accedeu a liberar a Button a cambio dunha compensación estimada de 18 millóns de libras.[53] BAR contratou un piloto experimentado Rubens Barrichello de Ferrari como a parella de Button, en substitución de Takuma Sato.[54] En outubro, Honda comprou o restante 55 por cento de BAR a British American Tobacco, e cambiou o nome do equipo Honda Racing F1; Button dixo nese momento, "Honda comprou o equipo a noticia é incrible e realmente mostra o seu compromiso para gañar o campionato do mundo".[55]

Honda (2006–2008)

2006

Thumb
BUtton no Gran Premio de Bahrain de 2006

O novo equipo tivo bos resultados nas probas antes da tempada de Fórmula Un de 2006. Agora axudado polos recursos adicionais dispoñibles de Honda, Button mostrouse confiado no coche.[56]

A primeira parte da tempada 2006 foi difícil, na primeira rolda, anotou cinco puntos co cuarto lugar, e terminou no podio en Malaisia. En Australia, clasificouse na pole, pero foi superado en carreira na primeira curva por Fernando Alonso e Kimi Räikkönen logo dun período de coche de seguridade, ía quinto na carreira, antes de que o seu motor explotara na última curva da última volta. Chegou á liña de meta para evitar unha penalización de motor.[57] Na súa carreira de casa en Silverstone, clasificouse 19º logo de perder tempo por ser moi pesado, e o seu equipo non conseguira ser o suficientemente rápido na pista. Trompeou na volta oito, debido a unha fuga de aceite do motor.

Thumb
Button no Gran Premio do Canadá de 2006

No Gran Premio do Canadá de 2006, Button cualificou por diante de Barrichello por primeira vez desde Imola, pero terminou fóra dos puntos no noveno lugar. Retirouse no Gran Premio dos Estados Unidos de 2006, nunha colisión múltiple na primeira volta e outra vez no Gran Premio de Francia de 2006 debido a un fallo de motor. No Gran Premio de Alemaña de 2006, Button tivo de novo problemas na báscula, pero chegou a cualificar cuarto. Logo de ir terceiro por un tempo na carreira, Button finalmente terminou cuarto.

Thumb
A primeira vitoria de Button produciuse no Gran Premio de Hungría de 2006.

Button logrou a primeira vitoria da súa carreira en 2006 nun caótico Gran Premio de Hungría de 2006, o Gran Premio número 113 desde o inicio da súa carreira.[1] Comezou 14º logo dunha penalización de 10 posicións por cambio de motor. A carreira resultou moi afectada polas fortes choivas, e Button pasou a varios pilotos nas primeiras voltas, incluíndo ao campión Michael Schumacher, e subiu ao cuarto lugar na 10ª volta. A raíz da retirada dos principais pilotos, Kimi Raikkonen e Fernando Alonso, pasou a gañar a carreira por pouco máis de medio minuto de Pedro de la Rosa e Nick Heidfeld. Alonso estaba detrás de Button na pista cando se retirou, aínda que Button tiña que facer unha parada en boxes.[58] A vitoria de Button mellorou a marca de Nigel Mansell en 1989 que saíra do 12º lugar na grella de Hungaroring. Foi o segundo piloto logo de Räikkönen en gañar unha carreira malia recibir unha penalización por cambio de motor.

Button terminou cuarto ou quinto en cada unha das seguintes cinco carreiras e terminou a tempada cun podio na rolda final no Brasil. Nas últimas seis carreiras da tempada, Button anotou máis puntos (35) que calquera outro piloto.[59]

2007

En 2007, Button competiu de novo con Honda xunto a Barrichello. Non foi capaz de tomar parte nas probas de inverno, antes da tempada debido a dúas pequenas fracturas nas costelas, debidas a un incidente de karting a finais de 2006.[60]

Thumb
Button pilotando o Honda no Gran Premio do Reino Unido de 2007

Na primeira carreira da tempada en Australia, Button só logrou cualificar décimo cuarto logo de varios problemas. A carreira non foi mellor, xa que tivo que soportar un considerable subviraxe, tivo que facer un drive-through por exceso de velocidade no pit lane e rematou 15º. As dúas seguintes carreiras en Malaisia e Bahrain foron igual, Button acabou 12º detrás do seu compañeiro Barrichello en Malaisia, e nin sequera completou unha volta en Bahrain, logo de chocar co Red Bull Racing do piloto David Coulthard na curva 4. No Gran Premio de Francia de 2007, Button finalizou oitavo, logrando o seu primeiro punto de 2007. Honda tralo Gran Premio do Reino Unido de 2007, anunciou que Button quedaría con Honda na tempada 2008.[61]

O Honda RA107 resultou ser aerodinamicamente pobres e resultou moi pouco competitivo, Button só puido sumar seis puntos durante toda a tempada.

2008

Thumb
Button pilotando o Honda no Gran Premio da China de 2008.

Button quedou con Honda en 2008, e continuou con Barrichello como compañeiro. O Honda RA108 demostrou ser pouco competitivo, e anotou os seus únicos puntos no Gran Premio de España de 2008 cun sexto lugar, pero non terminou en mollado fronte ao seu público en Silverstone, onde Barrichello terminou terceiro. O 5 de decembro de 2008, Honda anunciou que abandonaría a Fórmula Un, debido á crise económica mundial, deixando a posibilidade de que Button contara cunha unidade en 2009 dependendo de que o equipo atopara un comprador.[62]

Brawn GP (2009)

O 5 de marzo de 2009, anunciouse que o ex equipo Honda correría en 2009 como Brawn GP, logo dun buy-out (compra dunha empresa polo equipo directivo) por Ross Brawn, o director do equipo anterior de Honda Racing. Button e Rubens Barrichello foron confirmados como pilotos do equipo para 2009, Button aceptou unha redución salarial do 50%, como parte do acordo.[63]

Na primeira metade do ano o equipo Brawn beneficiouse do deseño dun difusor polémico,[64] que deu aos equipos que o utilizaron unha vantaxe sobre os equipos que non o fixeron. Unha vez que os equipos grandes introduciron os seus propios difusores reconfigurados o dominio de Button terminou, Button gañou 6 das primeiras 7 carreiras, pero só fixo unha media de sexto nas seguintes dez carreiras.[65][66][67]

Brawn GP impresionou desde o primeiro Gran Premio. Button logrou a pole position en Australia, a primeira para o equipo e a súa terceira, con Barrichello cualificando segundo.[68] Logo Button liderou de principio a fin para gañar a carreira por diante do seu compañeiro de equipo, foi a primeira vez que un equipo logrou un dobrete no seu debut desde 1954, Button describiuno como "un final de conto de fadas para a primeira carreira".[69] Unha semana máis tarde repetiu o logro, acadou a pole position e gañou baixo a choiva no Gran Premio de Malaisia de 2009. Porén, debido á choiva, sacouse unha bandeira vermella e só se outorgaron a metade dos puntos.[70] No Gran Premio da China de 2009, Button terminou terceiro detrás dos Red Bull de Sebastian Vettel e Mark Webber,[71] pero regresou á senda do triunfo a semana seguinte en Bahrain, a pesar de só cualificar cuarto.[72]

Thumb
Button liderando o Gran Premio de España de 2009

A quinta carreira da tempada foi no Circuíto de Cataluña en Barcelona. O regreso a Europa permitiu que a maioría dos equipos actualizaran os seus coches, incluíndo modificacións no coche de Button, o Brawn BGP 001, que aínda non fora alterado desde que comezou a tempada.[73] Button logrou a pole position na última volta da sesión de cualificación, que describiu os cambios como un "bo paso adiante".[74] Tanto Button como Barrichello tiñan previsto inicialmente parar tres veces durante a carreira; con todo, despois de quedar detrás de Barrichello na primeira curva, Button cambiouse a unha estratexia de dúas paradas, e isto significou que terminou comodamente por diante. Logo da carreira un infeliz Barrichello pensaba que o equipo sacrificarao para axudar a Button, dicindo: "Se teño o máis mínimo indicio de que favorecen a Jenson vou colgar o meu casco mañá".[75]

Thumb
Button pilotando para Brawn no Gran Premio de Turquía de 2009, a súa última vitoria da tempada

No Gran Premio de Mónaco de 2009, Button logrou a súa cuarta pole da tempada na súa última volta de cualificación, comentando despois, "Foi a miña mellor volta do fin de semana e sen dúbida unha das mellores voltas que fixen nunca".[76] Button coidou os seus pneumáticos moito mellor que o seu compañeiro de equipo nas primeiras voltas da carreira, construíndo dunha vantaxe a que non renunciou, logrando un 'hat-trick de vitorias.[77] David Tremayne describiuno como "un rendemento tan bo como calquera cousa que víramos, do talle de Ayrton Senna ou Michael Schumacher", engadindo que "eliminou calquera dúbida sobre a súa capacidade logo de anos de forcexeo con coches mediocres".[78] En Turquía, Button clasificouse segundo detrás de Vettel, pero un erro na primeira volta do alemán permitiulle tomar a dianteira e mantivo baixo control á competencia para lograr á súa cuarta vitoria consecutiva. Isto significaba que gañara seis das primeiras sete carreiras da tempada; un logro só comparable a Alberto Ascari, Juan Manuel Fangio, Jim Clark e Michael Schumacher, todos gañaran o título mundial.[79]

O Gran Premio do Reino Unido de 2009 en xuño marcou o final da superioridade de Button sobre o resto de participantes, e foi o primeiro dunha serie de malos resultados. Alcanzou o sexto lugar,[80] seguido dun quinto lugar en Alemaña, os Red Bull dominaron ambas carreiras.[81] Brawn GP estaba esperanzado de conseguir un bo resultado no Gran Premio de Hungría de 2009, xa que o coche actualizarase de xeito significativo e polo xeral o seu mellor momento era en condicións de calor.[82] Con todo, Button loitou coa temperatura dos pneumáticos e conseguiu a peor posición da tempada sétimo, durante a carreira, preguntou frustrado na radio do equipo, "Como pode ser este coche tan malo neste momento?"[83]

Thumb
Button no Gran Premio de Alemaña de 2009

A súa mala racha continuou en Valencia, cualificou detrás do seu compañeiro de equipo e, a continuación, marchou detrás de Webber durante unha gran parte da carreira, terminou só no sétimo lugar. Barrichello gañou a carreira, e pechou a brecha con Button a 18 puntos.[84] Martin Brundle sentiu que Button loitaba coa presión de liderar o campionato do mundo, escribiu: "Reforzouse no coche e os seus instintos naturais ao volante están sendo restrinxidos."[85] A seguinte carreira en Spa-Francorchamps, Button tivo o seu primeiro abandono da tempada tras unha colisión con Romain Grosjean durante a primeira volta.[86] Isto significou que Button só anotara 11 puntos nas súas cinco carreiras anteriores, e a falta de cinco carreiras a súa vantaxe reduciuse a 16 puntos sobre Barrichello, e 19 e 20.5 sobre Vettel e Webber, respectivamente.[87]

Button recuperouse en Monza cualificouse sexto, antes de terminar segundo por detrás do seu compañeiro de equipo.[88] A seguinte carreira en Singapur, Button clasificouse mal 12º, pero fíxoo moito mellor o día de carreira e quedou no quinto lugar; Barrichello foi sexto. A falta de tres carreiras e 30 puntos por disputar, Button estaba 15 puntos por diante do seu compañeiro de equipo e 25 por diante de Vettel, Webber xa no podía loitar polo título.[89] Unha semana máis tarde no Gran Premio do Xapón, os coches Brawn GP loitaron outra vez, Barrichello e Button terminaron sétimo e oitavo, respectivamente.[90]

No Gran Premio do Brasil de 2009, Button viuse obstaculizado na cualificación por unha mala elección de pneumáticos no clima húmido e alcanzou soamente a décimo cuarta posición. A súa loita polo campionato beneficiouse do décimo sexto posto na cualificación de Vettel, pero o seu compañeiro de equipo e rival máis próximo, Barrichello, clasificouse na pole. Na carreira, Button viuse favorecido por un incidente na primeira volta, e estaba sétimo na volta sete. Chegou tan alto como o segundo lugar a metade de carreira, pero ao final terminou quinto, logrando os puntos suficientes para asegurar o campionato de 2009 a falta dunha carreira.[91] Na última carreira da tempada, en Abu Zabi, Button clasificouse detrás de Barrichello de novo, pero foi capaz de lograr o podio ao chegar terceiro.[92]

Con 169 saídas, Button fixo o segundo maior número de saídas de carreira antes de converterse en campión do mundo. Só Nigel Mansell (con 176 saídas, no Gran Premio de Hungría de 1992) competera en máis carreiras que Button antes de gañar o Campionato do Mundo.[93] Button escribiu un libro sobre a súa tempada 2009, titulado "O meu ano do Campionato",[94] que foi publicado por Weidenfeld Nicolson, o 19 de novembro de 2009.

Button foi nomeado membro da Orde do Imperio Británico (MBE) en 2010 polos seus servizos aos deportes de motor.[95][96] A cidade natal de Button, Frome, dedicoulle unha rúa, Jenson Avenue,[97] e outorgoulle as chaves da cidade.[98] A cidade tamén ten a intención de nomear unha nova ponte sobre o río Frome como 'The Jenson Button Bridge'.[99]

McLaren (2010–2016)

Thumb
A primeira carreira de Button con McLaren foi o Gran Premio de Bahrain de 2010.

Trala compra de Brawn por Mercedes, Button anunciou o 18 de novembro de 2009 que deixaría o equipo para pasar a McLaren na tempada 2010.[100] Asinou un contrato de tres anos de 6 millóns de libras por tempada para pilotar xunto co ex campión do mundo Lewis Hamilton.[101] Button dixo que se mudou porque quería motivación, e o desafío de competir cara a cara con Hamilton, aínda que Brawn ofreceralle máis diñeiro.[102] Un número de persoas, incluídos os ex pilotos de Fórmula Un John Watson, Jackie Stewart e Eddie Irvine, crían que a medida era un erro, e que Button tería dificultades para competir con Hamilton en McLaren.[103][104]

2017 ano sabático

O 3 de setembro de 2016 Button anunciou que abandonaría o seu asento en McLaren para a tempada de Fórmula 1 de 2017. Asinou un contrato de dous anos para ser un embaixador do equipo e unha opción para volver como piloto en 2018.[105]

Remove ads

Estilo de condución

Thumb
Button pilotando un McLaren MP4-23 nas rúas de Manchester en agosto de 2011.

Button é coñecido por ter un estilo de condución moi suave,Mark Hughes escribiu en 2009: "Button ten unha fantástica sensación de a que potencia pódese tomar unha curva e isto permítelle ser suave nas súas entradas, na dirección e os movementos de aceleración en particular tenden a ser graciosos e belamente coordinados."[106] Isto permítelle desenvolverse ben en condicións difíciles, como a súa vitoria no Gran Premio de Hungría de 2006. Moitos cren que o seu estilo suave lle permite conservar os seus pneumáticos mellor durante as condicións de carreira que outros pilotos.[107] Con todo, o seu estilo suave tamén pode significar que se ten que esforza para xerar a temperatura necesaria nos pneumáticos nos días frescos ou pistas pouco esixentes.[106]

Xunto co seu estilo de condución, Button demostrou tomar decisións de carreira intelixentes, como a súa estratexia de parada en boxes durante o Gran Premio de Australia de 2010.[108] Jackie Stewart debuxou similitudes co estilo de condución e pericia de Alain Prost.[109] Nunha entrevista en 2003, Button dixo sobre Prost: "A súa forma de conducir era tan suave. Foi a persoa sobre á que intentei parecerme eu mesmo".[110] Con todo, contradicíase en 2009, cando dixo: "Non podo dicir o mesmo". "Nunca intentei parecerme a ninguén, non creo que moita xente fágao cando están desenvolvendo a súa carreira."[109]

Vida persoal

Como moitos pilotos de Fórmula 1, Button reside no principado de Mónaco, aínda que viviu en Guernsey 18 meses antes de regresar a Mónaco en 2012. Tamén ten propiedades no Reino Unido e Bahrein.[111][112] Os seus pasatempos inclúen o ciclismo de montaña, competindo e triatlóns e bodyboard, e a súa colección de automóbiles inclúe un Nissan GT-R, un VW Campervan de 1956, un Honda S600 e un Mercedes C63 AMG, numerosos Ferraris (incluíndo un Enzo) e o coche co que gañou o campionato, o Brawn BGP 001. En 2013, Button anunciou os seus plans para vender o seu Ferrari Enzo vermello nunha poxa.[113] Anteriormente foi propietario dun Honda azul NSX Type R e un Bugatti Veyron azul e negro.[114]

Estivo comprometido coa actriz e cantante Louise Griffiths antes de terminar a súa relación de cinco anos en maio de 2005.[115] En 2009, Button comezou a saír coa modelo Jessica Michibata.[116] O 14 de febreiro de 2014[117] Button comprometeuse con Michibata,[118] E os dous casaron en Hawai en decembro de 2014.[119] En decembro de 2015, Button anunciou que se separaran logo dun ano de matrimonio.[120][121] En 2016 Button comezou a saír coa modelo Brittny Ward.[122]

Button ten polo menos tres tatuaxes: un botón (button en inglés) de abrigo negro no seu antebrazo dereito, un deseño tribal grande que abarca o seu ombreiro esquerdo e peito superior e un carácter xaponés kanji no seu nocello que di "一番" (Ichi ban, "Número Un" en xaponés). Fíxoo antes de gañar o título mundial, e é o nome do equipo de tríatlon de Button. Desde mediados de 2010, a mesma lenda apareceu no casco de carreiras de Button.[123] Button é tamén embaixador da marca Head & Shoulders, e apareceu en campañas publicitarias para a compañía.[124]

Button tamén está involucrado en accións de caridade a través da creación do The Jenson Button Trust.[125] Fundada en marzo de 2010, a Fundación ofrece doazóns a unha serie de causas caritativas. Cada ano, o Fideicomiso selecciona e nomea aos beneficiarios de beneficencia aos cales distribuiranse os fondos.

O 5 de setembro de 2011, Button abriu un restaurante en Beulah Street en Harrogate, chamado Victus,[126] pero pechou logo de menos dun ano no mercado.[127]

O 12 de xaneiro de 2014, o pai de Button, John, morreu na súa casa na Riviera francesa, aos 70 anos. John, a quen Jenson chamou "Papá Smurf", crese que morreu dun ataque ao corazón. John era membro habitual da pequena comitiva de Jenson..[128]

O 3 de agosto de 2015, Button e a súa esposa Jessica foron roubados nunha casa alugada en Saint-Tropez, estaban cos seus amigos cando os ladróns saquearon a casa e roubaron pertenzas por un valor de 300.000 libras esterlinas. Os informes suxeriron que a parella podería ser gaseada a través do sistema de aire acondicionado antes da entrada dos ladróns no edificio.[129]

O 18 de outubro de 2015, Button gañou unha competición de tríatlon en Hermosa Beach (California).[130]

Remove ads

Podios e títulos anteriores á Fórmula 1

  • 1989 - Primeira vitoria na carreira de kart celebrada no Circuíto de Clay Pigeon, Yeovil.
  • - Gañador do Super Prix Británico de Karting.
  • 1990 - Campionato Británico Cadete Karting (2º posto).
  • 1991 - Campionato Británico Cadete Karting (34 podios).
  • - Campionato Aberto Británico Karting.
  • 1992 - Campionato Aberto Británico Karting.
  • - Campionato Británico Júnior TKM Karting.
  • 1993 - Campionato Aberto Británico Karting.
  • 1994 - Campionato Británico Júnior TKM Karting (quedou en 4º posto).
  • - Campionato Europeo de Karting Intercontinental Júnior A.
  • - Campionato Italiano de Karting Intercontinental Júnior A.
  • 1995 - Senior no Campionato ICA Senior Italiano.
  • - Campionato Mundial Karting Fórmula A (2º posto).
  • 1996 - Campionato da Copa do Mundo Karting (5º posto).
  • - Campionato Americano Karting (3º posto).
  • - Campionato Italiano Karting.
  • 1997 - Campionato da Super Copa Europea A de Karting.
  • - Ayrton Senna Memorial Cup, en Suzuka, (Xapón).
  • 1998 - Campionato Británico da F3 da Ford co equipo Haywood Racing (9 podios).
  • - Campionato Europeo da F3 da Ford co equipo Haywood Racing (2 posto).
  • - Festival F3 da Ford en Brands Hatch (vitoria).
  • - Premio McLaren Autosport BRDC o Piloto Novo do Ano.
  • 1999 - Campionato Británico da F3 co equipo Promatecme (3º posto).
  • - Premio Avon Rookie de F3 o Novato do Ano no GP de F3 de Macau.
  • - GP de F3 de Corea (3º posto).
Remove ads

Resumo e resultados

Resumo da súa carreira

Máis información Tempada, Series ...

Resultados completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Máis información Ano, Equipo ...
Predecesor:
Lewis Hamilton
Campión da Fórmula 1
2009
Sucesor:
Sebastian Vettel
Remove ads

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads