futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
José Luis Fidalgo Veloso, coñecido simplemente como Veloso, nado en Santiago de Compostela o 23 de marzo de 1937 e finado o 13 de novembro de 2019, foi un futbolista galego. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.
Nome orixinal | (es) José Luis Veloso | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 23 de marzo de 1937 Santiago de Compostela, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 13 de novembro de 2019 (82 anos) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 167 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 68 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1955 - 1973 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá e lingua galega | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Foi un dos futbolistas máis destacados da historia do fútbol galego, destacando principalmente no Deportivo da Coruña, onde formou unha gran dupla goleadora con Amancio, ocupando na actualidade o cuarto lugar na táboa de máximos anotadores da historia do club, con 106 goles en 211 partidos. O seu rendemento na Coruña fixo que o fichase o Real Madrid de Miguel Muñoz, co que gañou tres ligas consecutivas e a Copa de Europa 1966/67. Posteriormente pasou polo Ourense e o Rayo Vallecano, retirándose finalmente no Compostela da súa cidade natal.
Naceu na compostelá rúa de Entrerríos a poucos metros do vello campo de Santa Isabel, no que seu tío traballaba de conserxe, polo que tiña acceso ao campo e ao uso dos balóns, e aínda que pretendía ser ciclista acabou por decantarse polo fútbol.[1]
Comezou no Águilas de Carretas,[2][3] pasando logo a destacar no tamén santiagués Eiriña, e xa con 15 anos foi elixido nunha selección santiaguesa para enfrontarse a seleccións doutras cidades galegas.[4] Pasou logo polo Basquiños e polo Club Santiago,[5][6] no que xogou dende 1955, debutando en Terceira División cunha ficha doutro xogador pois non tiña a idade necesaria.[1] En agosto de 1957 fichou polo Club Turista de Vigo, no que xogou unha tempada.[7]
No verán de 1958 foi contratado polo Deportivo da Coruña, e xunto a el chegaron Amancio, Sobrín, Collar e Gelucho entre outros.[8] Debutou na Segunda División na xornada 2 fronte ao Girona, marcando o único gol do Deportivo, que perdeu ese partido por 3-1. Disputou 34 partidos esa tempada, marcando 12 goles.
Durante os seus primeiros catro anos no Deportivo formou unha gran dupla goleadora con Amancio,[9] anotando entre os dous 135 goles. Na terceira desas tempadas, a 1960/61, Veloso foi o máximo goleador da Segunda División, con 26 goles en só 24 partidos, mentres que anotou 16 ao ano seguinte, na tempada en que o equipo logrou o ascenso á Primeira División cinco anos despois.
Despois da marcha de Amancio ao Real Madrid no verán de 1962, Veloso xogou aínda tres anos máis no Deportivo, antes de tomar o mesmo camiño que o coruñés, fichando polo club branco en xullo de 1965.[10] Nos seus sete anos na Coruña xogou 211 partidos e marcou 106 goles, sendo no momento da súa marcha o segundo máximo anotador da historia do club, só por detrás de Chacho.
O prezo do seu traspaso ao Real Madrid foi de seis millóns de pesetas, máis os xogadores Santos e Gullón que pasaron a ser do Deportivo.[11] Xunto a Veloso chegou ao Real Madrid o tamén deportivista Jaime Blanco.[12] Debutou co Real Madrid na primeira xornada da tempada 1965/66 fronte ao Sabadell e marcou os seus dous primeiros goles na súa seguinte aparición en liga fronte ao Sevilla. Debutou en competición europea o 9 de marzo de 1966 fronte ao Anderlecht na Copa de Europa, competición que o equipo acabou gañando ao final da tempada.
A súa mellor tempada no club branco foi a segunda (1966/67), na que marcou 11 goles en 20 partidos. Entre os seus goles no Madrid destacaron o que marcou no clásico fronte ao Barcelona no Bernabéu en 1966 (1-0) e o que anotou na Copa de Europa 1967/68 na prórroga fronte ao Ajax de Johan Cruyff, eliminando ao club neerlandés.[13]
Non conseguiu facerse coa titularidade nos seus catro anos no Real Madrid, nun equipo con dianteiros como Gento, Amancio, Grosso e Puskás, pechando a súa etapa como madridista con 41 partidos xogados, 20 goles anotados, 3 títulos de liga e unha Copa de Europa.
En 1969 fichou polo Ourense, de Segunda División, co que xogou unha tempada, anotando cinco goles.[14] Na tempada seguinte volveu a Madrid para fichar polo Rayo Vallecano, co que xogou dúas tempadas en Segunda, xogando 43 partidos e marcando 7 goles.[15] En outubro de 1972 regresou a Santiago de Compostela, fichando polo Compostela, no que xogou unha tempada ata a súa retirada do fútbol.[16]
Despois de deixar o fútbol rexentou un restaurante en Madrid.[17] Faleceu o 13 de novembro de 2019 aos 82 anos de idade.[11]
Foi internacional coa selección española en catro ocasións e anotou tres goles.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.