From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos lemuriformes (Lemuriformes) é unha infraorde de mamíferos da orde dos primates e a suborde dos estrepsirrinos,[3] endémicos da illa de Madagascar.
Lemuriformes Lemuriformes Lémures Rango fósil: paleoceno - actualidade | |||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lémure (Lemur catta) | |||||||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||||||
Apéndice I da CITES [1][2] | |||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Superfamilias | |||||||||||||||||||||||||||||
Coñécense co nome vulgar de lémures, derivado dos lemures ou larvae, fantasmas o espíritos da morte da mitoloxía romana, debido ás estrepitosas vocalizacións que emiten estes animais, os seus ollos brillantes e os hábitos nocturnos dalgunhas das súas especies.
Aínda que moitas veces se confundan con primates ancestrais, os primates antropoides (monos, hominoides e seres humanos) non evolucionaron dos lémures, aínda que comparten trazos morfolóxicos e de comportamento con primates basalis.
Na actualidade perviven unhas cen especies de lémures, a maior parte delas descubertas ou promovidas ao status de especie a partir dos anos 1990.
Cun peso que vai desde os trinta gramos ata os nove quilogramos, os lémures comparten moitos dos trazos básicos dos primates, como mans e pés con cinco dedos e polgar opoñíbel, e uñas en lugar de garras (que presentan a maioría das especies). Porén, a súa proporción cerebro-masa corporal é menor que nos primates antropoides e, ao igual que os demais primates estrepsirrinos, teñen o «nariz húmido» (rinario). Os lémures son xeralmente os estrepsirrinos máis sociais, e comunícanse entre eles máis con olores e vocalizacións que con sinais visuais. Teñen un metabolismo basal relativamente baixo, moitos reprodúcense estacionalmente, teñen períodos de dormencia (como hibernación ou letargo), e algúns mostran un dominio social das femias. A maioría aliméntanse cunha ampla variedade de froitas e follas, mentres que outros son especialistas. Aínda que moitos comparten dietas similares, especies distintas comparten os mesmos bosques a través dun proceso de diferenciación de nicho.
A investigación sobre estes primates centrouse na súa taxonomía e na recollida de espécimes durante os séculos XVIII e XIX. Aínda que as observacións achegadas polos primeiros investigadors de campo foron abundantes, os estudos modernos sobre a ecoloxía e o comportamento destes animais non se desenvolveron até os anos 1950 e 1960. Ante as dificultades xurdidas pola inestabilidade política e a confusión reinante en Madagascar a mediados dos anos 1970, os traballos de campo detivéronse, pero retomáronse nos anos 1980 e supuxeron un grande avance no coñecemento destes primates. Instalacións de investigación como o Duke Lemur Center da Universidade Duke proporcionaron a oportunidade de avanzar no seu estudo nun ambiente controlado.
Os lémures son importantes para a investigación porque a mestura que presentan de características primitivas e trazos compartidos cos primates antropoides pode subministrar un maior coñecemento sobre a evolución dos primates e dos humanos. Porén, moitas especies de lémur están en perigo de extinción debido á perda dos seus hábitats e á caza. Pese a que, polo xeral, as tradicións locais axudan a protexer aos lémures e os seus bosques, a talla forestal ilegal, a xeneralización da pobreza e a inestabilidade política dificultan os esforzos pola conservación destes primates. Debido a estas ameazas e á diminución constante das súas poboacións, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) considera que os lémures son os mamíferos en maior perigo de extinción, considerando, no ano 2013, que máis do 90 % das especies de lémures estaban ameazadas.
A clasificación taxonómica dos lemuriformes está controvertida e depende de que concepto de especie se utilice. Incluso discútese a taxonomía de nivel máis alto, e algúns expertos sitúan a maior parte dos lémures na infraorde dos lemuriformes, mentres que outros prefiren que o grupo dos Lemuriformes conteña a todos os estrepsirrinos existentes, colocando a todos os lémures na superfamilia dos Lemuroidea e as familias dos Lorisidae e Galagidae na superfamilia dos Lorisoidea.
Linneo, o fundador da nomenclatura binomial moderna, deulles o nome de lémures xa en 1758 na 10ª edición do sey Systema Naturae. Linneo situou tres especies baixo o xénero Lemur: L. tardigradus (o loris esvelto vermello, actualmente Loris tardigradus), L. catta (o lémure) e L. volans (o lémur voador de Filipinas, hoxe Cynocephalus volans).[4] Aínda que o termo lémure se aplicara inicialmente aos loris, pronto foi asociado a todos os primates endémicos de Madagascar, que son coñecidos desde entón como lémures.[5]
O nome provén do latín lemŭres,[6] espectros ou espíritos da morte coñecidos como larvae ou lemures na Roma Antiga.[7] Linneo coñecía os hábitos nocturnos e o aspecto fantasmal de lémures e loris,[8] así como os seus movementos silenciosos pola noite, os seus tamén fantasmais ollos reflectintes e os seus gritos. Tamén é posíbel que os poboadores malgaches lle contaran algunhas lendas que falaban dos lémures como as almas dos seus antepasados.[9] Estando familiarizado cos traballos de Virxilio e Ovidio a as súas referencias ás Lemuralia ou festival de Lemuria, e vendo unha analoxía que encaixaba no seu esquema de nomenclatura, Linneo asignou o termo lemur a estes primates nocturnos.[10]
A infraorde dos Lemuriformes foi descrita en 1821 polo zoólogo inglés John Edward Gray,[3] aínda que algúns autores atribúena ao paleontólogo estadounidense William King Gregory, en 1915.[11]
Segundo Wilson e Reeder en Mammal Species of the World, a clasificación da infraorde, dentro dos primates, comprende as superfamilias e familias seguintes:[12][13]
3 infraordes, 2 superfamilias[14] | 1 infraorde, 2 superfamilias[15][16] |
---|---|
|
|
Os lorisiformes chegaron a Madagascar hai aproximadamente entre 62 e 65 millóns de anos por rafting (dispersión biolóxica por balsas de vexetación) nalgún momento en que as correntes oceánicas favoreceron a dispersión cara á illa. Desde entón, os lémures evolucionaron para enfrontarse a un ambiente sumamente estacional e as súas adaptacións lles dan un nivel de diversidade que rivaliza cos demais grupos de primates. Até a chegada dos humanos á illa, hai aproximadamente 2 000 anos, existían lémures tan grandes como un gorila macho.
Filoxenia dos Lemuriformes
Euarchonta |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.