actriz e cantante estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Lena Mary Calhoun Horne, nada en Brooklyn (Nova York) o 30 de xuño de 1917 e finada na mesma cidade o 9 de maio de 2010,[1] foi unha actriz e cantante estadounidense de jazz e música popular.
A súa carreira, tanto como artista de clubs nocturnos como de intérprete de discos para diversas compañías, abrangue máis de sesenta anos, dende os anos trinta aos noventa do século XX.
Lena Horne naceu en Bedford–Stuyvesant, Brooklyn.[2] Era descendente da familia de John C. Calhoun, e ambas as pólas da súa familia tiñan mestura de afroamericanos, indíxenas estadounidenses e estadounidenses de orixe europea e pertencían á parte superior da clase media, ben educada.[3][4] O seu pai, Edwin Fletcher "Teddy" Horne, Jr. (1893–1970),[5][6] dedicado ás apostas, abandonou a familia cando ela tiña tres anose mudouse á unha comunidade negra de clase media-alta no distrito de Hill en Pittsburgh, Pensilvania.[7][8] A súa nai, Edna Louise Scottron (1894–1976), era neta do inventor Samuel R. Scottron; ela era unha actriz cunha compañía teatral negra e viaxaba moito.[9] A avoa materna de Edna, Amelie Louise Ashton, era unha escrava senegalesa.[10] Horne foi criada principalmente polos seus avós, Cora Calhoun e Edwin Horne.[6]
Debutou como corista aos 14 anos, pasando a integrar as filas do célebre Cotton Club de Harlem onde actuaban Duke Ellington, Billie Holiday, Louis Armstrong e Ethel Waters, quen a impactou coa canción "Stormy Weather".
Deuse a coñecer no mundo do jazz na segunda metade da década de 1930, cantando en diversas big bands, especialmente na de Noble Sissle (1938), época en que iniciou a súa carreira cinematográfica. En 1941 incorporose á banda de Charlie Barnet, conseguindo un éxito discográfico coa canción "Good for nothing Joe",[11] e despois actouu asiduamente coa banda do pianista Teddy Wilson.
Traballou en 16 filme e varias curtametraxes entre 1938 e 1978. A súa aparición máis célebre foi en Stormy Weather, coa súa canción máis representativa, de 1943[12] e en Cabin in the Sky de Vincente Minnelli xunto a Ethel Waters e Cab Calloway.
Ía encarnar a Julie no filme musical Show Boat mais debido á súa cor, o papel foi cedido á súa amiga Ava Gardner, que foi dobrada nas cancións. A súa última aparición no cinema foi en O meigo como Glenda The Good Witch xunto a Michael Jackson e Diana Ross.
Actuou tamén en Broadway, logrando unha candidatura ao Tony en 1957 por Jamaica. Aosos sesenta e tres anos, regresou triunfalmente co seu propio espectáculo Lena Horne: The Lady and Her Music en 1981-1982, producido por Quincy Jones, polo que recibiu un Tony.
Traballou con asiduidade na radio e na televisión, nos programas de Judy Garland,[13] Bing Crosby e Frank Sinatra, e en The Muppet Show.
Comprometida coa lita contra a discriminación racial, o seu primeiro traballo da década dos trinta foi no Cotton Club de Harlem, onde as persoas de raza negra podían traballar mais non eran admitidos como clientes. Nun principio, a súa cor de pel clara fixo que a chamasen "Hedy Lamarr café con leite" ou "Chocolate chanteuse", mais aínda así tivo prohibido pernoctar en hoteis para brancos ata 1942. En 1940 foi a primeira afroamericana que fixo unha xira cunha orquestra de jazz branca[14] e en 1942 foi a primeira afroamericana que obtivo un contrato permanente na Metro Goldwyn Mayer.
Durante a segunda guerra mundial fixo xiras entretendo as tropas aliadas negándose a facelo para audiencias segregadas.[15]
A última aparición de Horne foi en 1999, cando xa sufría de esclerose múltiple. Faleceu o 9 de maio de 2010 no hospital presbiteriano de Nova York aos 92 anos.[16]
Casou con Louis Jones (1937-1944) con quen tivo dous fillos, entre eles a escritora Gail Lumet Buckley que foi esposa do director Sidney Lumet. Entre 1947 e 1971 estivo casada co director musical Lennie Hayton, mais a súa voda, celebrada en Francia, foi anunciada tempo despois a causa de ser un matrimonio interracial e recibir ameazas de morte.[14]
Residía no Upper West Side de Nova York, no famoso edificio Apthorp.[17]
Ten dúas estrelas no Paseo da Fama de Hollywood, como actriz e como cantante.[15]
Recibiu tres premios Grammy, entre eles o Lifetime Achievement Award en 1989.
En 1984 foi unha das artistas do ano homenaxeada coa condecoración Kennedy Center Honor en Washington.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.