From Wikipedia, the free encyclopedia
María Manuela Ramona Rey González ou Manuela Lopes Rey, nada en San Vicente de Trigás, Mondoñedo, o 1 de outubro de 1842 e finada no seu domicilio na Praça da Figueira de Lisboa o 26 de febreiro de 1866, foi unha actriz de teatro galego-portuguesa.
Nome orixinal | (pt) María Manuela Ramona Rey González |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de outubro de 1842 Mondoñedo, España |
Morte | 26 de febreiro de 1866 (23 anos) Lisboa, Portugal |
Causa da morte | Tifo |
Lugar de sepultura | Cemitério dos Prazeres (pt) |
Datos persoais | |
Outros nomes | Manuela Lopes Rey |
País de nacionalidade | España Reino de Portugal |
Actividade | |
Ocupación | actriz de teatro |
Lingua | Lingua portuguesa e lingua castelá |
Foi a máis vella dos oito fillos de Andrés Rey Expósito e Francisca González, que casaron despois de nacer Manuela, en marzo de 1843.[1] Segundo o libro Manuela Lopes Rey, número 3 da colección Os contemporaneos, editado sobre 1867, foi entregada en adopción a unha familia que formaba parte dunha compañía dramática itinerante. Trasladáronse, sendo Manuela moi nova, a Portugal. Segundo a Grande Enciclopédia Portuguesa e Brasileira o apelido "Lopes" venlle da súa nai adoptiva.
En novembro de 1857 comezou a traballar no Teatro Nacional D. Maria II de Lisboa,[2][3][4] onde triunfou en títulos como O filho do cego, A alegria traz o susto, Os homens sérios, Os fidalgos do Bois Doré, Fogo no convento, Vida de um rapaz pobre, Nobres e plebeus e Um cura de almas.
Houbo o rumor de que o rei Pedro V, antes de casar coa princesa Estefanía de Hohenzollern-Sigmaringen, sentiu gran debilidade por ela.[1]
Escribiu algunhas obras como a comedia A actriz e o proverbio Por este deixarás pae e mãe.
Finou de tifo no seu domicilio na Praça da Figueira e, tras un multitudinario cortexo fúnebre, foi soterrada no Cemitério dos Prazeres.[1]
Dionisio Gamallo Fierros foi un dos seus biógrafos.[5][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.