Michelangelo
escultor, arquitecto, pintor e poeta do Renacemento italiano / From Wikipedia, the free encyclopedia
Michelangelo di Lodovico Buonarroti Simoni, coñecido xeralmente como Michelangelo ou Miguel Anxo,[1][2] nado o 6 de marzo de 1475 en Caprese Michelangelo (a Toscana),[3] e finado o 18 de febreiro de 1564 en Roma, foi un escultor, arquitecto, pintor e poeta do Renacemento italiano, considerado un dos máis grandes artistas da historia da arte de Occidente, tanto polas súas esculturas coma polas súas pinturas e a súa obra arquitectónica.[4]
(1544) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Michelangelo di Lodovico Buonarroti Simoni 6 de marzo de 1475 Caprese Michelangelo (República de Florencia) |
Morte | 18 de febreiro de 1564 (88 anos) Roma (Estados Pontificios) |
Lugar de sepultura | Basílica da Santa Cruz |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | República de Florencia |
Grupo étnico | Pobo italiano |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Universidade de Florencia |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma (1534 (Gregoriano)–1564 (Gregoriano)) Florencia (1533 (Gregoriano)–1534 (Gregoriano)) Roma (1532 (Gregoriano)–1533 (Gregoriano)) Florencia (1529 (Gregoriano)–1532 (Gregoriano)) Florencia (1516 (Gregoriano)–1534 (Gregoriano)) Roma (1508 (Gregoriano)–1516 (Gregoriano)) Florencia (1506 (Gregoriano)–1508 (Gregoriano)) Roma (1505 (Gregoriano)–1506 (Gregoriano)) Florencia (1501 (Gregoriano)–1505 (Gregoriano)) Roma (1496 (Gregoriano)–1501 (Gregoriano)) Boloña (1494 (Gregoriano)–1496 (Gregoriano)) Florencia (1487 (Gregoriano)–1494 (Gregoriano)) Venecia Florencia Roma |
Ocupación | escultor , poeta , enxeñeiro , Mestre de obras , arquitecto , debuxante arquitectónico , pintor , escritor |
Xénero artístico | Arte cristã (pt) e Homoerotismo (pt) |
Movemento | Alto Renacemento e Pintura do Renascimento (pt) |
Catálogo crítico | Michelangelo: The Complete Paintings, Sculptures and Architecture (en) (2019) |
Profesores | Domenico Ghirlandaio (pt) , Bertoldo di Giovanni (pt) e Angelo Poliziano (pt) |
Alumnos | Guglielmo della Porta (pt) |
Lingua | Lingua italiana |
Orde relixiosa | Orde Franciscana e Orde dos Predicadores |
Mecenas | Lourenzo de Medici |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Familia | Buonarroti family (en) |
Cónxuxe | sen valor |
Parella | Tommaso dei Cavalieri (pt) |
Pais | Lodovico di Leonardo Buonarroti Simoni (en) e Francesca di Neri del Miniato Siena (en) |
Parentes | Michelangelo, II Buonarroti (pt) (sobriño) |
Desenvolveu o seu labor artístico ao longo de máis de setenta anos entre Florencia e Roma, que era onde vivían os seus grandes mecenas, a familia Medici de Florencia, e os diferentes papas romanos.
Foi o primeiro artista occidental do que se publicaron dúas biografías en vida: Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori,[5] de Giorgio Vasari, publicada en 1550, onde foi o único artista vivo incluído,[6] e a Vita de Michelangelo Buonarroti, escrita en 1553 por Ascanio Condivi, pintor e discípulo de Michelangelo, que recolle os datos facilitados polo mesmo Buonarroti.[7] Foi moi admirado polos seus contemporáneos, que o chamaban "o Divino".[8][9]
O historiador florentino Benedetto Varchi (1503-1565) envioulle unha carta o 12 de febreiro de 1560, no nome de todos os florentinos, dicíndolle:
(...) toda esta cidade desexa submisamente podervos ver e honrarvos tanto de cerca coma de lonxe (...) A vosa Excelencia faríanos un gran favor se quixese honrar coa súa presenza a súa patria.[10]
Triunfou en todas as artes nas que traballou, caracterizándose polo seu perfeccionismo.[11] A escultura, segundo declarara, era a súa arte predilecta e a primeira á que se dedicou. Entre as súas moitas esculturas cóntanse a Piedade e o David, tamén elas sublimes obras mestras, e maila Virxe, o Baco, o Moisés, a Raquel, a Lea, e estatuas de membros da familia Medici.
A continuación, a pintura, case como unha imposición por parte do papa Xulio II, e que se concretou nunha obra excepcional e magnífica: os frescos da bóveda da capela Sistina, un dos traballos máis extraordinarios de toda a arte occidental; e tamén polo Xuízo final, e o A crucifixión de San Pedro e a Conversión de San Paulo na capela Paulina do Vaticano.
Xa nos seus últimos anos dedicouse a diversos proxectos arquitectónicos entre os que destaca a continuación dos traballos da Basílica de San Pedro do Vaticano e foi el quen concibiu a súa maxestosa cúpula.