From Wikipedia, the free encyclopedia
Microchirus é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos,[1] que comprende varias especies de pequenos linguados (en sentido amplo), coñecidos en galego por acedías,[2] propios do Atlántico oriental e o Mediterráneo.[3]
Microchirus | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Microchirus ocellatus | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||
|
Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, as dúas especies teñen o corpo aplanado, asimétrico, e os dous ollos situados no mesmo lado, na cara pigmentada.
O xénero foi descrito en 1814 polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque.[1]
Ao longo do tempo, o xénero foi coñecido polos seguintes sinónimos:[1]
O nome científico Microchirus está formado pola raíz do latín científico micro-, calco da do grego antigo μικρο-, derivada de μικρός mikrós, "pequeno", e da forma -chirus, tirada do termo grego antigo χείρ χειρός cheír, cheirós, "man".[4]
Literalmente: "os de mas pequenas", facendo referencia ao pequeno tamaño das aletas pectorais destes peixes.
Na actualidade recoñécense no xénero sete especies:[1][3][5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.