Motörhead
grupo musical de heavy metal/hard rock británico / From Wikipedia, the free encyclopedia
Motörhead foi un grupo musical de heavy metal/hard rock formado polo baixista e vocalista Lemmy Kilmister. Normalmente denominada como un power trio, Motörhead nos anos 1980 tivo un gran éxito con moitos singles nos UK Top 40 chart. Os álbums Overkill, Bomber, Ace of Spades, e particularmente Non Sleep 'til Hammersmith, dan a Motörhead a reputación dunha das mellores bandas de Heavy Metal Británico.[1]
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Motörhead | |
---|---|
Motörhead en concerto en 2005 | |
Orixe | Londres, Inglaterra |
Período | 1975 - 2015 |
Xénero(s) | speed metal, heavy metal,hard rock |
Selo(s) discográfico(s) | Sanctuary, SPV, Epic, GWR, Bronze |
Membros | Ian "Lemmy" Kilmister Phil Campbell Mikkey Dee |
Na rede | |
http://www.imotorhead.com/ | |
Influente grupo comunmente clasificado como rock and roll ou heavy metal (e, a miúdo, considerado como unha referencia fundamental nos dous últimos estilos)[2], Kilmister rexeitou a última etiqueta preferindo describir o estilo de Motörhead como "rock and roll"[3]. Entre os seus temas máis coñecidos están "Ace of Spades", que se refire á vida dun xogador de cartas que prefire levar unha vida intensa a unha tranquila e aburrida, "Overkill", "Orgasmatron", "Born to Raise Hell" ou "Bite the Bullet". Motörhead foi referente do metal desde a súa aparición hai máis de 30 anos, influenciando a bandas como Metallica ou Sepultura quen declararon publicamente a súa admiración por este trío.
Durante agosto de 2005, cando celebraban os seus 30 anos de carreira artística lanzouse un documental titulado Live Fast, Die Old, o cal evidenciaba a historia desta banda, e no 2006 foi lanzado a través do selo Sanctuary Records, Kiss of Death, sucesor de Inferno (2004), o álbum que contén 12 temas inéditos e mantén a esencia da banda durante a súa traxectoria musical, conservando ata as letras entretidas coas que creceu 3 xeracións de Heavy Metal.
O 29 de decembro de 2015, Lemmy Kilmister faleceu nos Ánxeles (California), aos 70 anos de idade[4], e trala súa morte a banda disolveuse.