filme de 1991 dirixido por Gus Van Sant From Wikipedia, the free encyclopedia
My Own Private Idaho é un filme estadounidense de 1991 escrito e dirixido por Gus Van Sant. Está vagamente baseado nas obras de Shakespeare Henrique IV, parte 1, Henrique IV, parte 2 e Henrique V. Conta a historia de dous amigos, Michael Waters e Scott Favor, interpretados por River Phoenix e Keanu Reeves respectivamente, que se embarcan nunha viaxe de descubrimento persoal que os leva dende Portland, Oregón até o fogar de Mike en Idaho, e posteriormente a Roma na procura da nai de Mike.
My Own Private Idaho | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | My Own Private Idaho |
Director | Gus Van Sant |
Produtor | Laurie Parker |
Guión | Gus Van Sant |
Baseado en | Henrique IV, parte 1 Henrique IV, parte 2 Henrique V de William Shakespeare |
Intérpretes | River Phoenix Keanu Reeves |
Música | Bill Stafford |
Fotografía | John J. Campbell Eric Alan Edwards |
Montaxe | Curtiss Clayton |
Distribuidora | Fine Line Features |
Estrea | Festival de Venecia: 4 de setembro de 1991 29 de setembro de 1991 |
Duración | 102 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | 2,5 millóns de dólares |
Recadación | 6,4 millóns de dólares (América do Norte)[1] |
Na rede | |
http://www.myownprivateidaho.com/ | |
Van Sant escribiu orixinalmente o guión na década de 1970, mais desbotouno despois de ler a novela de John Rechy City of Night e concluír que o tratamento que Rechy facía do tema da prostitución masculina era mellor que o seu. Co paso dos anos, Van Sant escribiu de novo o guión, o cal comprendía dúas historias: unha na que Mike busca a súa nai, e outra a vida de Scott é unha interpretación moderna das obras de Henrique IV. Van Sant tivo dificultades para atopar financiamento de Hollywood, e chegou a considerar en facer o filme cun orzamento minúsculo cun elenco composto por mozos reais da rúa. Porén, despois de enviarlle copias do guión a Reeves, e logo de que Reeves llas amosase a Phoenix, ámbolos dous acordaron interpretar no filme.
My Own Private Idaho estreouse na 48ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia, e recibiu valoracións moi positivas por parte da crítica, como Roger Ebert e os críticos de The New York Times e Entertainment Weekly. O filme tivo un éxito moderado de recadación, recadando máis de 6,4 millóns de dólares en América do Norte, por enriba do seu orzamento estimado de 2,5 millóns de dólares. Phoenix recibiu numerosos premios pola súa interpretación no filme, incluíndo o Volpi Cup ó mellor actor no Festival de Venecia, o Best Male Lead dos Premios Independent Spirit, e o premio ao mellor actor no National Society of Film Critics.
My Own Private Idaho é considerado un fito no movemento do Novo Cinema Queer, un movemento de cinema independente de comezos da década de 1990.[2] Dende a súa estrea en 1991, o filme conseguiu unha gran popularidade e converteuse nun clásico de culto, especialmente entre a audiencia LGBT. O filme salienta pola súa temática, tabú naquela época, e polo seu estilo vangardista.[3][4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.