From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Santásticos é o alcume do grupo de xogadores do Santos Futebol Clube dirixido por "Lula" Alonso e Antoninho que gañou un total de 25 títulos entre 1959 e 1974, entre eles dúas Copa Libertadores. Moitas veces considerado como un dos equipos máis fortes xamais reunidos en calquera deporte, marcando máis de 3.000 goles nese período, cunha media de máis de 2,5 goles por partido.
Tamén coñecido como O Balé Branco ou Time dos Sonhos, dominou o fútbol brasileiro e converteuse nun símbolo de Jogo Bonito grazas a figuras como Gilmar, Mauro, Mengalvio, Coutinho, Pepe ou o emblemático Pelé. Pelé fixo famoso ao Santos FC en todo o mundo nesta época revolucionaria, polo que os seus compañeiros menos coñecidos son máis coñecidos como "os amigos de Pelé".[1] [2] Na súa etapa no Santos Pelé marcou mais de 1000 goles.
O 19 de novembro de 1969, Pelé marcou o seu milésimo gol en todas as competicións. Ese era un momento moi esperado no Brasil.[3] O gol, coñecido popularmente como O mil, produciuse nun partido ante o Vasco da Gama, cando Pelé marcou de penalti, no estadio Maracanã.[3]
Pelé afirma que o seu gol máis fermoso o marcou no estadio Rua Javari nun partido do Campionato Paulista contra o rival de São Paulo, o Clube Atlético Juventus, o 2 de agosto de 1959. Como non hai vídeo deste partido, Pelé pediu que se fixese unha animación informática deste gol concreto.[3]
En 1967, as dúas faccións implicadas na Guerra Civil de Nixeria acordaron un alto o fogo de 48 horas para poder ver a Pelé e os Santásticos xogar un partido amigable en Lagos.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.