pintor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Ovidio Martínez de Castro, máis coñecido como Ovidio Murguía,[1] nado en Lestrobe (Dodro) o 2 de xullo de 1871 e finado na Coruña o 1 de xaneiro de 1900, foi un pintor galego, membro da posteriormente denominada Xeración Doente.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xullo de 1871 Lestrobe, España |
Morte | 1 de xaneiro de 1900 (28 anos) A Coruña, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pais | Manuel Murguía e Rosalía de Castro |
Irmáns | Alejandra Murguía, Aura Murguía, Gala Murguía e Amara Murguía de Castro |
Naceu no pazo de Hermida, fillo dos escritores Manuel Martínez Murguía e Rosalía de Castro, de quen herdou o seu sentimento artístico. Quedou orfo de nai aos 14 anos. Comezou a pintar en Santiago de Compostela, na Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, da que era profesor o artista José María Fenollera. En 1895 trasladouse a Madrid, pero non seguiu os camiños habituais de ir á Real Academia de Belas Artes de San Fernando nin as posibles pensións para Roma, por aquel entón pouco menos que imprescindible para facer carreira oficial.
O seu parentesco co novelista Alejandro Pérez Lugín, en cuxa casa residía, permitiulle asistir a faladoiros literarios e relacionarse con artistas. Saía ao campo, na zona do Guadarrama, a pintar paisaxes do natural, e acudía con frecuencia ao Museo do Prado, onde realizou copias dos grandes mestres, para exercitarse no oficio de pintor.
O seu pai, home ambicioso, relacionouno con políticos influentes da época, para os que realizou escenas de xénero, moi en voga por entón, e decoracións murais para os seus palacios. Así, en 1898 leva a cabo á súa primeira encomenda importante, un conxunto de obras que o político galego Montero Ríos lle encarga para ornar o pazo de Lourizán[2]. Ovidio cumpre estas encargas, aínda que non de moi boa gana, até que decide liberarse deles por completo e vivir sen traballar, unha vida que a súa precaria saúde non tolera.
Concorreu a algunhas exposicións, pero a súa curta vida non lle permitiu callar a obra que, sen dúbida, o seu temperamento estaba destinado. A pintura de Ovidio Murguía figura nos museos de Galicia, especialmente no Museo Provincial de Pontevedra e no Museo de Belas Artes da Coruña, onde está a máis representativa.
En marzo de 2014 a Fundación Rosalía de Castro presenta un cadro inédito de Ovidio Murguía que vén de adquirir para os seus fondos. A obra non está catalogada ao non abandonar nunca a casa da familia Bustelo Calvo-Sotelo de Ribadeo; todo parece indicar que a peza é unha encomenda. O cadro Árbore de montaña, é quizais a obra de maior tamaño (190 x 130 cm) pintada por Ovidio Murguía. A data 1899 figura xunto á sinatura do pintor.[3]
Ovidio Murguía de Castro falece prematuramente de tuberculose no 1900 con 28 anos de idade, feito que máis tarde faría que Barreiro e Bello Piñeiro o encadrase dentro da Xeración Doente.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.